Lokalize (gl)
Also available in:
English | Dansk | Deutsch | Français | Italiano | Norwegian | Русский | српски | Slovenščina | Suomi | 简体中文 | Galego | Eesti | Español | Esperanto | Svenska | 한국어 | Română | Brazilian Portuguese | Česky | عربي | فارسی | Polski | 日本語 | 正體中文 | Українська
| Lokalize é a ferramenta de localización para KDE 4 |
Constitúe o substituto de KBabel que se abandona a partir de agora.
Algo máis de información sobre Lokalize pódese atopar na páxina de Lokalize summer of code: http://techbase.kde.org/Projects/Summer_of_Code/2007/Projects/KAider
Contents |
[edit] Lokalize en Windows
Instalar KDE usando kdewin-installer: http://www.winkde.org/pub/kde/ports/win32/installer/kdewin-installer-gui-latest.exe Deixar os predeterminados en todos os pasos agás na lista de paquetes. Na lista de paquetes seleccionar kdesdk (instalaranse todas as dependencias automaticamente). Completar o proceso de instalación de kdewin.
Logo, execute http://youonlylivetwice.info/lokalize/lokalize052009.exe que substituirá a versión vanilla de lokalize coa última versión de Lokalize conforme a rama principal de desenvolvemento.
Detalles técnicos: instale KDE 4.2 da maneira habitual, e logo engada os binarios e os datos da versión compilada de modo personalizado de lokalize (para que sexa 4.3).
[edit] Compilar Lokalize desde a rama principal en KDE 4.2
Instalar o paquete das cabeceiras kdelibs (por exemplo en Debian sería kdelibs5-dev). Despois:
svn checkout --depth=files svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/KDE/kdesdk/ cd kdesdk && svn up cmake doc lokalize mkdir kdesdk/build cd kdesdk/build mkdir $HOME/kde43 cmake .. -DCMAKE_INSTALL_PREFIX=$HOME/kde43 -CMAKE_BUILD_TYPE=RelWithDebInfo make -j2 make install
Despois execute lokalize vía $HOME/kde43/bin/lokalize
[edit] Consellos e trucos
[edit] Buscar en ficheiros
Unha MT garda rexistro de onde procede cada par de tradución. Así cando queira buscar cadeas nos ficheiros ou no disco, só ten que arrastrar o cartafol con aqueles ficheiros sobre un separador da memoria de tradución (F7) para actualizar a MT, esperar un minuto ou dous, e despois escribir a súa cadea no campo da dereita do separador da memoria de tradución e premer sobre Intro.
Despois prema nun dos resultados, o que abrirá o ficheiro apropiado, na entrada apropiada. Se despois quere facer outra busca no mesmo día, deixe que se vaia actualizando e simplemente escriba o que está a buscar. Pode filtrar os resultados da busca da MT usando o campo esquerdo do panel panel (Filemask).
[edit] Autor
Nick Shaforostoff <shaforostoff AT kde.ru>

