KDE UserBase
  • Page
  • Discussion
  • Edit
  • History
KDE UserBase is a Wiki - You can help! Please contribute!

What is KDE (gl)

Also available in:

English | Dansk | Deutsch | Français | Italiano | Norwegian | Русский | српски | Slovenščina | Suomi | 简体中文 | Galego | Eesti | Español | Esperanto | Svenska | 한국어 | Română | Brazilian Portuguese | Česky | عربي | فارسی | Polski | 日本語 | 正體中文 | Українська

Daquela, xa instalou o KDE por primeira vez. Ou talvez estea de volta co KDE despois dunha longa odisea algures. Ou talvez estea a pensar en empregar o KDE mais queira saber primeiro como é. Qué é esa cousa brillante que está a ollar desde o computador?

[edit] Ambiente de escritorio

KDE ou o Ambiente de Escritorio K, que dicía o nome, iniciou a súa vida como ambiente de traballo. Segundo se foron ampliando as actividades, KDE é agora unha equipa internacional que crea Software Libre e de Código Aberto. O que isto significa é que se trata de moitos programas que traballan xuntos para oferecer a mellor experiencia informática posíbel. Significa que non se pode empregar unha aplicación do KDE sen o escritorio KDE? Para nada. Coa axuda de unha ou dúas bibliotecas extra, as aplicacións pódense utilizar en practicamente calquera escritorio.

O KDE oferece unha variedade de programas satisfacer as necesidades de calquera usuario, desde editores de texto simples, mais potentes, a reprodutores de audio e video estupendos, ao ambiente de desenvolvemento integrado máis sofisticado. Ademais, as aplicacións do KDE manteñen unha aparencia consistente en todo o escritorio, permitindo unha experiencia cómoda e familiar cando se emprega calquera programa do KDE. KDE ten outras funcionalidades que o converten nun ambiente de traballo de clase superior, como:

  • Un escritorio lindo e moderno
  • Un sistema flexíbel e configurábel que permite personalizar as aplicacións sen modificar demasiados ficheiros de texto
  • A transparencia de rede permite acceder facilmente aos ficheiros doutras redes e computadores, como se estiveren no seu propio computador.
  • Un ecosistema de software de centos, mesmo milleiros, de programas
  • Disponibilidade en máis de 60 linguas


Information
Pode ler máis acerca do proxecto KDE, os seus obxectivos, a súa historia e o seu desenvolvemento na sección "Que é o KDE" do sitio web do KDE.


[edit] Unha comunidade internacional

KDE é noso, cortesía de Wade Olson
KDE é máis que simplemente software. Tamén é unha comunidade constituída por programadores, tradutores, colaboradores, artistas, escritores, distribuidores e usuarios de todo o mundo. A equipa de tecnoloxía internacional de KDE pretende crear o mellor software libre para o escritorio. E non só se poden atopar polo mundo enteiro os colaboradores, senón tamén os usuarios e siareiros de KDE, a axudar outros usuarios, a estender as noticias ou simplemente a gozar da experiencia que é o KDE.

(Imaxe cortesía de Wade Olson)

[edit] Software libre

KDE non é simplemente calquera software. É Software Libre. Como usuario, este é un feito importante, mesmo sen profundar nas consideracións técnicas ou legais. Por que? Porque, como software libre, vostede ten a liberdade de empregar o KDE cando queira e do xeito que queira, sen códigos de activación ou límites de instalación. E ten a liberdade de compartilo tamén con outros! Así que non só ten nas súas mans un software bo e potente, senón que tamén lles pode dar á súa familia e amigos a oportunidade de gozar tamén del.


Information
Ten curiosidade polo Software Libre? Lea máis acerca del no sitio web da Fundación polo Software Libre.


[edit] Hai máis!

E non remata aquí! KDE ten moito máis que oferecer! Eis algúns detalles que poderían ser de interese para algúns usuarios:

  • Outras plataformas - Algunhas das aplicacións do KDE están disponíbeis para o Windows, o Mac OS X e algúns dispositivos portátiles como o Nokia N810.
  • Paquete de ofimática e produtividade - KDE non só é divertido, senón que pode axudar a ser produtivo e organizado tamén.
  • Infraestrutura de desenvolvemento de aplicacións - Soña con escribir a próxima aplicación sorprendente? O KDE pode axudar.
Volver á páxina de introdución
Retrieved from "http://userbase.kde.org/What_is_KDE_(gl)"

Navigation

  • Home
  • Recent changes
  • Random page
  • Help

Toolbox

  • What links here
  • Related changes
  • Special pages
  • Printable version
  • Permanent link

Personal tools

  • Log in / create account
  • Login with OpenID
Creative Commons License SA 3.0 as well as the GNU Free Documentation License 1.2
KDE® and the K Desktop Environment® logo are registered trademarks of KDE e.V. | Legal