Ark/gl: Difference between revisions

From KDE UserBase Wiki
(Importing a new version from external source)
(Importing a new version from external source)
Line 39: Line 39:
==Traballar con ficheiros==
==Traballar con ficheiros==


* Very often an archive will contain a README or some other instruction file. It is often useful to be able to preview that file before starting work with the archive. Double click any file in archive will open preview.
* A miúdo os arquivos conteñen un ficheiro de instrucións, con frecuencia chamado ''README'' (léeme). E adoita resultar útil ler ese ficheiro antes de comezar a traballar co arquivo. Premendo dúas veces nun ficheiro abrirase a súa previsualización.
* It may be that one file in an archive becomes irrelevant. The file can be deleted within the archive.
* Pode ocorrer que un ficheiro dun arquivo resulte irrelevante. O ficheiro pode eliminarse desde o propio arquivo.
* In the KDE3 version it is possible to <menuchoice>Open with</menuchoice> any suitable application
* Na versión para KDE 3, pódese <menuchoice>Abrir con</menuchoice> calquera ''aplicativo'' axeitado.
* It is also possible, in the KDE3 version, to <menuchoice>Edit with</menuchoice> an application.
* Na versión de KDE 3, tamén se pode <menuchoice>Editar con</menuchoice> un ''aplicativo''.
(These two features are not available in the KDE SC 4 version yet)


== External links ==
== External links ==

Revision as of 20:11, 21 November 2011

Ark é un aplicativo que permite xestionar arquivos de ficheiros.

Funcionalidades

Ark permite:

  • Crear arquivos comprimidos.
  • Visualizar os contidos de arquivos.
  • Extraer os contidos de arquivos.

É capaz de traballar con moitos formatos, entres eles tar, gzip, bzip2, zip, rar e 7z.

Crear un arquivo

  • Poden engadirse ficheiros cos que conformar un arquivo mediante o menú Acción.
  • Ademais, poden arrastrarse ficheiros dunha xanela de Konqueror ou Dolphin á xanela principal de Ark.
  • Tamén pode engadir un directorio completo ao arquivo mediante o menú Acción -> Engadir un cartafol.
  • Poden engadirse ficheiros a un arquivo existente en calquera momento.

Extraer ficheiros

Para isto é para que o utiliza case todo o mundo por vez primeira.

  • Se ten un ficheiro seleccionado, preguntaráselle se quere extraer só dito ficheiro ou se quere extraelos todos.
  • O arquivo permanece completo, non se altera, e o ficheiro seleccionado sitúase no directorio que vostede decida.

O funcionamento da extracción cambiou nas últimas versións, algo que notaran especialmente os antigos usuarios de KDE 3. Hai dúas formas de controlar a extracción.

  • Cando se está a visualizar un arquivo dende Ark', empregue o botón de Extraer que hai na barra de ferramentas ou o atallo predeterminado, Ctrl-E. Aparecerá unha árbore de ficheiros na que poderá escoller o directorio de destino.
  • Cando de está a visualizar o arquivo dende Dolphin, prémao co botón dereito para obter as seguintes tres opcións:
    • Extraer aquí, detectar o cartafol
    • Extraer a…
    • Extraer aquí
  • A segunda opción funciona igual que o atallo predeterminado Ctrl-E desde Ark.
  • A terceira fai tal e como indica, se dentro do arquivo non se define ningún cartafol, os ficheiros extráense no directorio actual. En caso contrario, crearase o cartafol dentro do actual, e extraeranse nel os ficheiros.
  • A terceira opción é similar á primeira, salvo que en caso de non existir cartafol dentro do arquivo, Ark creará un, e extraerá logo nel os ficheiros. Por exemplo, se o arquivo se chama patróns.zip e contén todos os deseños, a estrutura quedaría como «~/patróns/deseño1», etc.

Traballar con ficheiros

  • A miúdo os arquivos conteñen un ficheiro de instrucións, con frecuencia chamado README (léeme). E adoita resultar útil ler ese ficheiro antes de comezar a traballar co arquivo. Premendo dúas veces nun ficheiro abrirase a súa previsualización.
  • Pode ocorrer que un ficheiro dun arquivo resulte irrelevante. O ficheiro pode eliminarse desde o propio arquivo.
  • Na versión para KDE 3, pódese Abrir con calquera aplicativo axeitado.
  • Na versión de KDE 3, tamén se pode Editar con un aplicativo.

External links