Ark

From KDE UserBase Wiki
Revision as of 20:11, 21 November 2011 by Gallaecio (talk | contribs) (Importing a new version from external source)
Ark é un aplicativo que permite xestionar arquivos de ficheiros.

Funcionalidades

Ark permite:

  • Crear arquivos comprimidos.
  • Visualizar os contidos de arquivos.
  • Extraer os contidos de arquivos.

É capaz de traballar con moitos formatos, entres eles tar, gzip, bzip2, zip, rar e 7z.

Crear un arquivo

  • Poden engadirse ficheiros cos que conformar un arquivo mediante o menú Acción.
  • Ademais, poden arrastrarse ficheiros dunha xanela de Konqueror ou Dolphin á xanela principal de Ark.
  • Tamén pode engadir un directorio completo ao arquivo mediante o menú Acción -> Engadir un cartafol.
  • Poden engadirse ficheiros a un arquivo existente en calquera momento.

Extraer ficheiros

Para isto é para que o utiliza case todo o mundo por vez primeira.

  • Se ten un ficheiro seleccionado, preguntaráselle se quere extraer só dito ficheiro ou se quere extraelos todos.
  • O arquivo permanece completo, non se altera, e o ficheiro seleccionado sitúase no directorio que vostede decida.

O funcionamento da extracción cambiou nas últimas versións, algo que notaran especialmente os antigos usuarios de KDE 3. Hai dúas formas de controlar a extracción.

  • Cando se está a visualizar un arquivo dende Ark', empregue o botón de Extraer que hai na barra de ferramentas ou o atallo predeterminado, Ctrl-E. Aparecerá unha árbore de ficheiros na que poderá escoller o directorio de destino.
  • Cando de está a visualizar o arquivo dende Dolphin, prémao co botón dereito para obter as seguintes tres opcións:
    • Extraer aquí, detectar o cartafol
    • Extraer a…
    • Extraer aquí
  • A segunda opción funciona igual que o atallo predeterminado Ctrl-E desde Ark.
  • A terceira fai tal e como indica, se dentro do arquivo non se define ningún cartafol, os ficheiros extráense no directorio actual. En caso contrario, crearase o cartafol dentro do actual, e extraeranse nel os ficheiros.
  • A terceira opción é similar á primeira, salvo que en caso de non existir cartafol dentro do arquivo, Ark creará un, e extraerá logo nel os ficheiros. Por exemplo, se o arquivo se chama patróns.zip e contén todos os deseños, a estrutura quedaría como «~/patróns/deseño1», etc.

Traballar con ficheiros

  • A miúdo os arquivos conteñen un ficheiro de instrucións, con frecuencia chamado README (léeme). E adoita resultar útil ler ese ficheiro antes de comezar a traballar co arquivo. Premendo dúas veces nun ficheiro abrirase a súa previsualización.
  • Pode ocorrer que un ficheiro dun arquivo resulte irrelevante. O ficheiro pode eliminarse desde o propio arquivo.
  • Na versión para KDE 3, pódese Abrir con calquera aplicativo axeitado.
  • Na versión de KDE 3, tamén se pode Editar con un aplicativo.

External links