Akonadi

    From KDE UserBase Wiki
    Revision as of 08:41, 23 April 2013 by Gallaecio (talk | contribs) (Created page with "== Solución de problemas ==")

    Introdución

    A infraestrutura Akonadi consiste nunha base de datos centralizada que almacena, indexa e manexa a información persoal do usuario, para que os aplicativos poidan traballar con ela. Esta información inclúe os correos electrónicos, contactos, calendarios, acontecementos, diarios, alarmas, notas, etc. Na versión 4.4 da colección de software de KDE, KAddressBook converteuse no primeiro aplicativo en empezar a empregar a infraestrutura Akonadi. Na versión 4.7, KMail, KOrganizer, KJots e outros aplicativos actualizáronse para facer tamén uso de Akonadi. Ademais, un gran número de trebellos de Plasma empregan Akonadi para almacenar e obter acontecementos de calendarios, notas, etc.

    No momento de escribir estas liñas, os seguintes aplicativos están preparados para empregar a infraestrutura Akonadi para centralizar o almacenamento e acceso aos datos do usuario. Acceda á páxina de cada aplicativo para máis información.

    KMail

    Cliente de correo electrónico.

    Emprega Akonadi para almacenar os correos electrónicos.

    KAddressBook

    Xestor de contactos.

    Emprega Akonadi para almacenar información de contacto.

    KOrganizer

    Organizador persoal.

    Emprega Akonadi para almacenar calendarios, acontecementos, diarios, etc.

    KJots

    Aplicativo de toma de notas.

    Emprega Akonadi para almacenar notas.

    KAlarm

    Programador de alarmas persoal

    Emprega Akonadi para almacenar as alarmas.

    Ademais, algúns trebellos de Plasma coma o Reloxo dixital ou as Notas empregan tamén Akonadi para almacenar e obter acontecementos e notas.

    Controlar o servidor de Akonadi

    O módulo de control de Akonadi na Configuración do sistema permite iniciar, deter, reiniciar e consultar o estado do servidor Akonadi. Tamén pode facerse desde un terminal mediante a orde akonadictl, o que permite obter información adicional que podería resultar de utilidade.

    Para iniciar o servidor de Akonadi, execute:

    akonadictl start

    Para detelo:

    akonadictl stop

    Para reinicialo cando xa estea a executarse:

    akonadictl restart

    Para consultar o estado do servidor:

    akonadictl status

    Desactivar a infraestrutura de Akonadi

    Remember

    Se non quere que Akonadi se execute no seu sistema, terá que evitar o uso de aplicativos que o empreguen, pois ditos aplicativos iniciarán o servidor en canto o necesiten, sen importar que vostede o desactivase. Comprobe a lista de aplicativos que empregan Akonadi. Teña en conta tamén que algúns trebellos, coma o reloxo dixital, tamén empregan Akonadi.


    O servidor de Akonadi iníciase automaticamente ao identificarse no sistema e cando calquera aplicativo que empregue Akonadi solicite acceso ao mesmo.

    Para desactivar a infraestrutura Akonadi, apague o servidor de Akonadi en execución dende o módulo de control ou dende un terminal:

    akonadictl stop

    Logo, edite o ficheiro ~/.config/akonadi/akonadiserverrc e poña StartServer a falso (false):

    StartServer=false

    O servidor de Akonadi debería deixar de iniciarse ao identificarse vostede no sistema.

    Note

    O servidor de Akonadi seguirá a iniciarse cando o requira algún aplicativo que empregue dita infraestrutura. Asegúrese por tanto de non iniciar ningún aplicativo que faga uso de Akonadi. Non esqueza comprobar os trebellos do escritorio tamén —o trebello do reloxo dixital que forma parte do panel predeterminado, por exemplo, emprega Akonadi para amosar acontecementos do calendario, unha funcionalidade opcional que está activada de maneira predeterminada no trebello. Se quere que Akonadi permaneza desactivado, terá que quitar calquera trebello que poida inicialo.


    Preguntas habituais

    Onde están agora os meus datos?

    Nesta entrada (en inglés) do blogue de Andras Mantia atopará unha explicación detallada de onde se almacenan os datos e como Akonadi os manexa.

    Problemas de migración

    No glosario de termos hai unha sección sobre Akonadi cunha breve descrición do seu propósito, así como outras ligazóns de interese. Estoutra páxina explica como configurar Akonadi e o caderno de enderezos de KDE, KAddressBook, para que traballen de maneira sincronizada.

    Uso intensivo do procesador ou da memoria

    Se nota que o proceso virtuoso-t lle consume todo o procesador ao empregar Akonadi e aplicativos relacionados, probe esta posíbel solución temporal mentres investigamos o problema: na páxina de configuración de KRunner, desactive o complemento de busca de Nepomuk e o complemento de Contactos; logo peche a sesión de escritorio (saír) e inicie unha nova. Se dispón de información adicional sobre o problema, informe aquí, nos foros ou na canle de IRC #kontact (en FreeNode).

    O motivos para usar Akonadi e Nepomuk

    Arredor de Akonadi e Nepomuk adoita existin moita confusión. O artigo Por que Nepomuk indexa os datos de Akonadi (en inglés) explica en detalle os motivos para termos ambos os dous sistemas, e cal é o rol de cada un deles. Tamén cómpre ler a información adicional que Will Stephenson deixa no artigo en forma de comentario.

    Solución de problemas

    Can't read any details of some messages or big delays to read it

    if you aren't able to read some emails and see a message with " please wait ... ", you may logout and login KDE session to reinitialize all processes, might help.