Akregator/gl: Difference between revisions

    From KDE UserBase Wiki
    (Importing a new version from external source)
    (Importing a new version from external source)
    Line 31: Line 31:
    Pode que lle interese importar fontes de novas dende outro ''navegador'' o a partir dunha copia de seguridade. Para importar fontes de novas, abonda con premer en <menuchoice>Ficheiro -> Importar fontes de novas</menuchoice> e buscar o ficheiro coa información das fontes. Trátase dun ficheiro [http://www.opml.org/ OPML] (ligazón en inglés) ─baseado en [http://gl.wikipedia.org/wiki/XML XML]─, un formato habitual para intercambiar fontes de novas entre varios lectores de fontes de novas compatibles. Para exportar as fontes de novas ás que se está subscrito, o procedemento é o mesmo que o anterior, salvo porque en vez de premer en <menuchoice>Importar fontes de novas</menuchoice> terá que premer en <menuchoice>Exportar fontes de novas</menuchoice>.

    For integration with Konqueror, you can install the plugin 'konqueror-plugin-akregator' which lets you add feeds that you find interesting while surfing the web to Akregator, with the ease of just one click.
    Para facer uso da integración co '''Konqueror''', pode instalar o complemento “konqueror-plugin-akregator”, que permite engadir fontes de novas interesantes que atope mentres navegue pola ''web'' a Akregator, simplemente con premer nelas.

    [[Category:Internet]]
    [[Category:Internet]]
    [[Category:Office]]
    [[Category:Office]]

    Revision as of 06:37, 27 August 2010

    Reading latest RSS feed from the Dot
    Akregator automatically collects stories from RSS/Atom-enabled websites

    Akregator axúdalle a manterse ao día respecto das novidades nos sitios web coma dot.kde.org ou blogues coma Identi.ca. A tecnoloxía utilizada é a RSS e moitos sitios a utilizan.

    Akregator forma parte da suite Kontact.

    Funcionalidades

    • Fácil de utilizar.
    • Pode aceptar ducias de fontes.
    • Pode notificarlle sobre as fontes que aínda non lese.
    • Utiliza lingüetas para permitirlle ler as historias completamente dende o propio aplicativo.
    • Conta cun arquivo de fontes.
    • Pode importar e exportar fontes.
    • Intégrase con Konqueror.

    Uso xeral

    Dado que Akregator pode comprobar calquera fonte RSS ou Atom que exista, o primeiro que necesita é buscar unha fonte para seguila a través de Akregator. Probablemente descubrirá que é máis doado do que pensara. Comprobe as súas páxinas preferidas para ver se conteñen ligazóns a fontes de novas RSS ou Atom. A meirande parte dos sitios con novas de algún tipo utilizan algunha.

    Cando teña o URL para unha fonte de novas, conseguir que Akregator a siga é doado. Abonda con escoller «Engadir unha fonte de novas» dende o menú de fontes de novas, ou utilizar o seu atallo predeterminado, Inserir.

    Despois escolla un intervalo de actualización, é dicir, con que frecuencia quere que Akregator comprobe se hai novas nas fontes ás que está subscrito. Pode configuralo de maneira global (para todas as fontes) e ademais ter valores individuais para algunhas (ou todas) as fontes de novas.

    Akregator pode almacenar e arquivar os contidos das fontes de novas ás que se subscriba tanto tempo como vostede queira. Para isto tamén se pode configurar un valor global (Configuración -> Configurar Akregator -> Arquivo) e valores individuais para cada unha das fontes de novas, o cal pode facerse premendo co botón dereito do rato nunha fonte, logo en «Editar a fonte de novas» e a continuación indo á lingüeta de «Arquivo».

    Pode que lle interese importar fontes de novas dende outro navegador o a partir dunha copia de seguridade. Para importar fontes de novas, abonda con premer en Ficheiro -> Importar fontes de novas e buscar o ficheiro coa información das fontes. Trátase dun ficheiro OPML (ligazón en inglés) ─baseado en XML─, un formato habitual para intercambiar fontes de novas entre varios lectores de fontes de novas compatibles. Para exportar as fontes de novas ás que se está subscrito, o procedemento é o mesmo que o anterior, salvo porque en vez de premer en Importar fontes de novas terá que premer en Exportar fontes de novas.

    Para facer uso da integración co Konqueror, pode instalar o complemento “konqueror-plugin-akregator”, que permite engadir fontes de novas interesantes que atope mentres navegue pola web a Akregator, simplemente con premer nelas.