Como enfrontarse aos problemas

From KDE UserBase Wiki
The printable version is no longer supported and may have rendering errors. Please update your browser bookmarks and please use the default browser print function instead.
This page is a translated version of the page Amarok/QuickStartGuide/HowToDealWithProblems and the translation is 93% complete.
Outdated translations are marked like this.

Solucionar os problemas

O aplicativo sáltase parte da música de seguida

Pode que non teña instalados os códecs necesarios. Atopará máis información ao respecto aquí. Pregunte aos responsables da distribución que empregue.

O meu iPod non aparece no navegador de contidos ao montalo

Pois debería. Asegúrese de que o dispositivo se montou correctamente. Execute a seguinte instrución nunha consola para obter unha lista dos dispositivos que ten montados:

mount

Tras actualizar a colección de música, a música nova non aparece no navegador de contidos

Vaia ao menú superior e a Ferramentas -> Actualizar a colección. Se non aparecen, saia do Amarok dende o menú Amarok, ou mediante o atallo (Ctrl+Q é o predeterminado). Ao volver iniciar o Amarok, a nova música aparecerá canda o resto da colección.

Amarok non dá atopada a letra das canción que estou a escoitar

Pode que estea a ocorrer algunha das seguintes cousas:

  1. As letras non están dispoñíbeis nos sitio da Internet nos que se buscan. Pode que queira engadir máis mediante o menú dos guións, accesíbel dende Configuración -> Configurar o Amarok.
  2. O sistema de numeración das cancións do álbum non é correcto.
  3. O título das cancións contén caracteres especiais (vogais con tiles, eñe, etc.) que non se amosan no título. Iso explicaría que o guión de busca de letras non dea atopado ningunha que se corresponda co título da canción. Comprobe a información das cancións e o sistema de numeración cun programa de xestión de etiquetas coma Picard.

Non atopou o que buscaba?

No manual trátanse asuntos máis complexos, como a solución de problemas e cales son os áis habituais, e as preguntas máis habituais sobre o reprodutor.