''Aplicativos''

    From KDE UserBase Wiki
    Revision as of 22:39, 14 November 2011 by Gallaecio (talk | contribs) (Importing a new version from external source)

    Catálogo de aplicativos de KDE

    Applications
    Applications

    A comunidade KDE publica máis dun cento de aplicativos que cobren practicamente toda necesidade ou interese. Hai aplicativos para a visualización e manipulación de imaxes, así como a organización de coleccións delas. Hai aplicativos para a reprodución de vídeos e a xestión de coleccións de música. Tamén hai aplicativos educativos para estudantes e mestres, así como xogos para pasar o tempo. A colección de software de KDE inclúe mesmo un paquete de oficina de seu!


    Por se fose pouco, existen literalmente centos de aplicativos a súa disposición en KDE-Apps.org, agardando a que os probe.

    Pode que atope o que estea a buscar na táboa de aplicativos equivalentes.

    O escritorio

    Estes aplicativos fornecen a funcionalidade básica dun escritorio, dándolle a posibilidade de xestionalo e personalizalo como guste. Trátase de aplicativos de uso cotián.

    Internet e redes

    A día de hoxe, todo está conectado. KDE presenta algúns aplicativos que lle permiten recibir e enviar datos a outros computadores, xa sexa pola Internet ou a través dunha rede local, dándolle así acceso ao resto do mundo.

    Imaxe

    Disque unha imaxe vale máis que mil palabras. Cos aplicativos para imaxes de KDE poderá visualizar, xestionar, crear e manipular milleiros delas, así como visualizar todo tipo de documentos.

    Son e vídeo

    Transforme o seu escritorio nun centro cultural. Reproduza música, visualice filmes, xestione as súas coleccións, e garde copias de seguridade de todo en discos.

    Oficina

    Poña as cousas en orde cos aplicativos de KDE! Con aplicativos de oficina, produtividade e organización, así como outras ferramentas útiles, o software de KDE axúdalle a controlar non só o seu computador, senón o traballo ou a vida mesma.

    Ensino

    Os aplicativos de KDE están pensados tamén para os pequenos da casa. Xa sexa entre átomos, a través da órbita terrestre ou alén das estrelas, o noso software axuda a lograr un mellor futuro, con aplicativos para nenos, estudantes, así como ferramentas para axudar aos mestres e os pais.

    Ciencia

    Análise de datos, gráficos, simulacións e sistemas de información. Témolo todo.

    Administración do sistema

    Sexa o dono e señor do seu computador coas ferramentas que lle proporciona KDE. Dende monitores do sistema ata terminais, pasando pola configuración do sistema, KDE permítelle tomar o control.

    Ferramentas e utilidades

    KDE fornece ducias de ferramentas que engaden valor ao seu escritorio. Pode que non sexan grandes nin sofisticadas, pero estas utilidades teñen personalidade propia, e facilítanlle as súas tarefas cotiás co computador.

    Xogos e xoguetes

    Non todo pode ser traballar, tamén hai que pasalo ben de cando en vez. Por iso, KDE fornece unha gran variedade de xogos que o manterán entretido durante horas. Colla unha carta, esquive as bólas, ou conquiste o mundo, todo desde a comodidade do seu computador. Pero coidado, a diversión crea adición!

    Desenvolvemento

    Un proxecto de software libre como a colección de software de KDE non estaría completo sen ferramentas para crear software. O variado ecosistema inclúe aplicativos para facilitar a vida dos desenvolvedores, dende ferramentas de comparación de ficheiros ata sistemas de desenvolvemento integrados, pasando por aplicativos de tradución de software.

    Accesibilidade

    A comunidade KDE preocúpase polos seus usuarios, sen importar a súa idade, sexo, raza ou condición física. Desenvólvense ferramentas, tanto integradas en aplicativos existentes como utilidades individuais, que axudan ás persoas con discapacidades físicas a empregar os seus computadores da maneira máis doada e eficiente posíbel.