BasKet

Revision as of 01:22, 12 July 2012 by Grovio (Talk | contribs) (Created page with "'''BasKet''' inclúe algunhas outras funcionalidades: Protección de cestas mediante contrasinal e clave pública. Integración en '''Kontact''' e na bandexa do sistema. E a posi...")

(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)
Jump to: navigation, search
Other languages:
dansk • ‎Deutsch • ‎English • ‎español • ‎français • ‎galego • ‎italiano • ‎polski • ‎українська • ‎中文(中国大陆)‎ • ‎中文(台灣)‎
Basket.png BasKet é unha aplicación de KDE para tomar notas que che permite organizar a túa información rápida e facilmente. É ideal para facer listas de cousas pendentes, menús, horarios, e outras listas.

Características

A diferenza de moitas aplicacións para tomar notas, BasKet permite ao usuario organizar as notas mediante unha xerarquía de cestas. As notas dunha cesta pódense agrupar para facilitar a súa manipulación e poden conter medios embebidos (películas, fotos, mesmo clips de son), así como texto sen formato, enlaces e texto enriquecido.

BasKet pode importar notas desde unha gran variedade de aplicacións, como KNotes, TomBoy, StickyNotes, e TuxCards.

As notas pódense etiquetar como importante, completa, en progreso, ou se lles poden dar outras moitas etiquetas. Ao usar etiquetas, é moi fácil marcar ou desmarcar elementos dunha lista. BasKet tamén permite ao usuario crear etiquetas personalizadas.

BasKet inclúe algunhas outras funcionalidades: Protección de cestas mediante contrasinal e clave pública. Integración en Kontact e na bandexa do sistema. E a posibilidade de exportar as túas notas a unha páxina web *HTML.


This page was last modified on 12 July 2012, at 01:22. Content is available under Creative Commons License SA 4.0 unless otherwise noted.