Translations:Amarok/22/gl

From KDE UserBase Wiki
Revision as of 06:27, 4 June 2012 by Gallaecio (talk | contribs)
(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)
Amarok abre as portas a unha completa experiencia de son e vídeo na rede.
  • Con interfaces para servizos coma servidores de música Ampache ou mp3tunes lockers, o aplicativo permítelle escoitar a súa música dende calquera parte do mundo.
  • Pode escoitar e mercar música en Magnatune.
  • Mediante o servizo de Jamendo pode escoitar e descargar música de artistas independentes aos que pode apoiar mediante doazóns voluntarias.
  • Coa funcionalidade de last.fm integrada, pode enviar escoitas das súas pistas de música, empregar funcionalidade de last.fm coma estatísticas, gráficos e os subscritores poden ademais escoitar fluxos de radio personalizados segundo os seus gustos musicais.
  • Segundo o país no que viva, podería ter acceso á tenda de música de Amazon en MP3.

Todo iso dende Amarok. E só é o principio. Aínda pode engadir máis servizos de Internet mediante o xestor de scripts.