Translations:Amarok/8/gl

    From KDE UserBase Wiki
    Revision as of 13:02, 23 April 2013 by Gallaecio (talk | contribs)
    (diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)
    Dende o panel das orixes de medios situado á esquerda accédese á colección local, así coma a outros servizos. A primeira sección corresponde á Música local, a interface principal para acceder á colección local e os dispositivos conectados tales coma reprodutores con memoria USB ou CDs. A segunda sección xestiona os Servizos da Internet activos. A través desta sección pódese navegar por listas de estacións de radio, escoitar ou subscribirse a podcasts, enviar e recibir información de last.fm (quen teña unha conta), mercar música de tendas dixitais coma Magnatune , descargar música baixo licenzas Creative Commons de Jamendo, e moito máis. A sección de Listas de reprodución permite crear e xestionar Listas de reprodución dinámicas, así como acceder ás Listas de reprodución gardadas e ao Xerador automático de listas de reprodución. A sección de Ficheiros contén un navegador de ficheiros integrado, e a sección de Podcasts permite acceder ás subscricións a podcast existentes.