Contents |
Agora que Amarok xa analizou a súa colección de música, quererá escoitala. Cree entón mediante o panel da Lista de reprodución unha coas cancións que máis lle apeteza escoitar no panel da lista de reprodución. Dende aí é dende onde se reproduce a música, os fluxos de son e as publicacións de gravacións.
Pode organizar as cancións segundo o título, o nome do álbum, o intérprete, o xénero e moitos outros criterios. Pode por exemplo organizar as cancións primeiro por ano, logo por intérprete, e así.
Mediante a caixa de busca pode buscar ou filtrar as cancións. Coas icons
e
que hai na parte superior do panel da Lista de reprodución pode saltar á seguinte canción ou á anterior das que conteñen o texto que escribiu. O botón
á dereita permítelle filtrar as cancións por intérprete, álbum, etc.
A disposición dos contidos no panel da Lista de reprodución pode modificarse dende o menú .
Existen catro xeitos de engadir música á lista de reprodución.
A Barra de ferramentas da parte superior da pantalla do Amarok permite empregar unha interface simple para controlar a reprodución da música da Lista de reprodución.
Prema a icona arredondeada da esquerda para iniciar a reprodución, e vólvao premer para detela. Á dereita está o control do volume; pode premer no centro da icona para silenciar o programa. Para controlar o volume pode empregar a roda do rato ou premer ou arrastrar o cursor polo anel externo da icona do volume.
AO comezar a reproducirse un ficheiro ou fluxo de son, o texto co intérprete, o álbum e o número do tema que aparece en letra grosa na parte central cambia lentamente. Á dereita estará o seguinte tema, e pode premer nel para comezar a reproducilo de maneira inmediata. Ao rematar a reprodución dun tema, este aparecerá á esquerda, de xeito que poida aínda premer no seu título para volver a el. A barra de progreso que hai no centro da barra de ferramentas indica o tempo reproducido (á esquerda) e o restante (á dereita) do tema que se estea a reproducir.
Se prefireunha barra de ferramentas máis tradicional, pode ir a dende o menú .
Pode que queira eliminar álbums ou temas da lista de reprodución, cambiar a información que aparece en cada tema ou cambiar a orde dos mesmos.
Pode eliminar calquera tema ou álbum da lista de reprodución do seguinte xeito:
Volva engadir os temas eliminados mediante o atallo Ctrl + Z ou premendo a frecha da barra de ferramentas na parte inferior do panel da Lista de reprodución, tal e como pode verse a continuación.
Na parte inferior do panel da Lista de reprodución hai sete iconas:
Estes botóns son alternativas a varias accións do teclado.
A icona de disco, no menú de contexto que pode abrir desde a parte inferior do panel da lista de reprodución, permite gardar a lista de reprodución actual. Deste xeito poderá acceder a unha selección concreta da súa colección de música en calqueira momento. As listas de reprodución só conteñen referencias á música, non os ficheiros de son, polo que se a lista contén temas dun dispositivo extraíbel, este terá que estar conectado e montado para que a súa música se poida reproducir. As listas de reprodución poden gardarse en tres lugares:
Ao premer o botón do disco na parte inferior do panel da Lista de reprodución a lista gardarase na base de datos de listas de reprodución de Amarok. Para gardala noutro lugar, deixe premido o botón e desprace o cursor ata dita opción.
O nome predeterminado das listas de reprodución, ao gardarse, está formado pola data e a hora (véxase a seguinte imaxe). Pode premer a lista co botón dereito do rato para cambiarllo. Preméndoa co botón dereito pódese tamén substituír ou completar a lista de reprodución actual cos seus temas.