Contents |
Por se fose pouco, existen literalmente centos de aplicativos a súa disposición en KDE-Apps.org, agardando a que os probe.
Pode que atope o que estea a buscar na táboa de aplicativos equivalentes.
O escritorio | |
|
Estes aplicativos fornecen a funcionalidade básica dun escritorio, dándolle a posibilidade de xestionalo e personalizalo como guste. Trátase de aplicativos de uso cotián. | |
Internet e redes | |
|
A día de hoxe, todo está conectado. KDE presenta algúns aplicativos que lle permiten recibir e enviar datos a outros computadores, xa sexa pola Internet ou a través dunha rede local, dándolle así acceso ao resto do mundo. | |
Imaxe | |
|
Disque unha imaxe vale máis que mil palabras. Cos aplicativos para imaxes de KDE poderá visualizar, xestionar, crear e manipular milleiros delas, así como visualizar todo tipo de documentos. | |
Son e vídeo | |
|
Transforme o seu escritorio nun centro cultural. Reproduza música, visualice filmes, xestione as súas coleccións, e garde copias de seguridade de todo en discos. | |
Oficina | |
|
Poña as cousas en orde cos aplicativos de KDE! Con aplicativos de oficina, produtividade e organización, así como outras ferramentas útiles, o software de KDE axúdalle a controlar non só o seu computador, senón o traballo ou a vida mesma. | |
Ensino | |
|
Os aplicativos de KDE están pensados tamén para os pequenos da casa. Xa sexa entre átomos, a través da órbita terrestre ou alén das estrelas, o noso software axuda a lograr un mellor futuro, con aplicativos para nenos, estudantes, así como ferramentas para axudar aos mestres e os pais. | |
Ciencia | |
|
Análise de datos, gráficos, simulacións e sistemas de información. Témolo todo. | |
Administración do sistema | |
|
Sexa o dono e señor do seu computador coas ferramentas que lle proporciona KDE. Dende monitores do sistema ata terminais, pasando pola configuración do sistema, KDE permítelle tomar o control. | |
Ferramentas e utilidades | |
|
KDE fornece ducias de ferramentas que engaden valor ao seu escritorio. Pode que non sexan grandes nin sofisticadas, pero estas utilidades teñen personalidade propia, e facilítanlle as súas tarefas cotiás co computador. | |
Xogos e xoguetes | |
|
Non todo pode ser traballar, tamén hai que pasalo ben de cando en vez. Por iso, KDE fornece unha gran variedade de xogos que o manterán entretido durante horas. Colla unha carta, esquive as bólas, ou conquiste o mundo, todo desde a comodidade do seu computador. Pero coidado, a diversión crea adición! | |
Desenvolvemento | |
|
Un proxecto de software libre como a colección de software de KDE non estaría completo sen ferramentas para crear software. O variado ecosistema inclúe aplicativos para facilitar a vida dos desenvolvedores, dende ferramentas de comparación de ficheiros ata sistemas de desenvolvemento integrados, pasando por aplicativos de tradución de software. | |
Accesibilidade | |
|
A comunidade KDE preocúpase polos seus usuarios, sen importar a súa idade, sexo, raza ou condición física. Desenvólvense ferramentas, tanto integradas en aplicativos existentes como utilidades individuais, que axudan ás persoas con discapacidades físicas a empregar os seus computadores da maneira máis doada e eficiente posíbel. | |