Translations:ChoqoK/Using ChoqoK/14/gl

From KDE UserBase Wiki

Ao ler mensaxes, pode premer as etiquetas, prefixadas cun «#», os grupos, prefixados cun «!», ou os usuarios, prefixados cun «@». Se selecciona unha etiqueta ou grupo, abrirase unha xanela de busca con mensaxes do grupo ou que inclúan a etiqueta. Se selecciona un usuario, pode escoller que buscar. As opcións dispoñíbeis dependen das capacidades da rede. Twitter, por exemplo, permite buscar mensaxes que mencionen o usuario seleccionado.