Translations:System Settings/Account Details/3/gl

From KDE UserBase Wiki

Para cambiar o avatar abonda con premer na caixa que hai á esquerda do nome de usuario, a cal debería conter o avatar actual. Aparecerá unha xanela para escoller unha “cara”. Nela poderá escoller entre as distintas imaxes dispoñibles, ou premer en Imaxe personalizada para buscar un ficheiro de imaxe no seu computador. Unha vez teña seleccionada a imaxe que quere como avatar, prema en Aceptar.