BasKet

From KDE UserBase Wiki
Revision as of 01:22, 12 July 2012 by Grovio (talk | contribs) (Created page with "'''BasKet''' inclúe algunhas outras funcionalidades: Protección de cestas mediante contrasinal e clave pública. Integración en '''Kontact''' e na bandexa do sistema. E a posi...")
BasKet é unha aplicación de KDE para tomar notas que che permite organizar a túa información rápida e facilmente. É ideal para facer listas de cousas pendentes, menús, horarios, e outras listas.

Características

A diferenza de moitas aplicacións para tomar notas, BasKet permite ao usuario organizar as notas mediante unha xerarquía de cestas. As notas dunha cesta pódense agrupar para facilitar a súa manipulación e poden conter medios embebidos (películas, fotos, mesmo clips de son), así como texto sen formato, enlaces e texto enriquecido.

BasKet pode importar notas desde unha gran variedade de aplicacións, como KNotes, TomBoy, StickyNotes, e TuxCards.

As notas pódense etiquetar como importante, completa, en progreso, ou se lles poden dar outras moitas etiquetas. Ao usar etiquetas, é moi fácil marcar ou desmarcar elementos dunha lista. BasKet tamén permite ao usuario crear etiquetas personalizadas.

BasKet inclúe algunhas outras funcionalidades: Protección de cestas mediante contrasinal e clave pública. Integración en Kontact e na bandexa do sistema. E a posibilidade de exportar as túas notas a unha páxina web *HTML.