Guía para principiantes de Amarok ─ Os primeiros pasos

    From KDE UserBase Wiki
    Revision as of 18:30, 4 July 2013 by FuzzyBot (talk | contribs) (Updating to match new version of source page)
    (diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)

    Primeiros pasos

    Iniciar Amarok

    Se xa sabe como empregar o seu sistema operativo, probablemente tamén saiba como iniciar o Amarok, e pode saltarse esta sección. En caso contrario, siga lendo.

    Desde Plasma

    Se está empregando o espazo de traballo Plasma pode iniciar o Amarok:

    • premendo no menú Kickoff e a continuación en Son e vídeo -> Amarok.
    • chamando a KRunner (Alt+F2 de maneira predeterminada), escribindo amarok e premendo a continuación a tecla Intro.
    Desde o xestor de ficheiros

    Abra un ficheiro multimedia que Amarok poida ler.

    A primeira vez

    A primeira vez que utilice Amarok, aparecerá unha xanela de diálogo pedíndolle que forneza a súa configuración rexional:

    A continuación aparecerá unha caixa de diálogo para a configuración inicial na que terá que indicar onde garda a súa música. Se xa ten un directorio para a música configurado no sistema, Amarok detectarao e preguntaralle se o quere usar:

    Se preme Non neste diálogo, aparecerá outro no que poderá escoller a ruta onde garda a música:

    Aprenda como configurar unha colección.

    Unha vez escollido o cartafol onde garda a música, Amarok analizará todo o seu contido e creará a colección. O tempo que tarde dependerá do número de ficheiros de son e da velocidade de lectura do directorio.

    Pechar Amarok

    Para pechar o Amarok ten varias opcións:

    • Premer Ctrl+Q desde a xanela do programa,
    • Premer o botón Saír do menú Amarok, ou
    • Premer co botón dereito do rato na icona dun lobo azul que aparece na bandexa do sistema, que xeralmente está á súa vez nun panel na parte inferior da pantalla. Apareceranlle as seguintes opcións:


    Se pechar a xanela do Amarok premendo no botón de Pechar da xanela, Amarok seguirá executándose en segundo plano, e o único que se verá del será a icona do lobo azul na bandexa do sistema:

    Se pecha a sesión no sistema ou o apaga sen saír do Amarok, é probable que parte da configuración non quede gardada.