Translations:Dolphin/File Management/15/gl

From KDE UserBase Wiki
Revision as of 10:44, 29 April 2013 by Gallaecio (talk | contribs) (Created page with "Ao premer a icona de cruz, o ficheiro ou cartafol engadirase á selección. Para seleccionar varios ficheiros, só ten que repetir os pasos. Para seleccionar varios ficheiros,...")
(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)

Ao premer a icona de cruz, o ficheiro ou cartafol engadirase á selección. Para seleccionar varios ficheiros, só ten que repetir os pasos. Para seleccionar varios ficheiros, tamén pode premer o botón principal co cursor en calquera punto do panel central de Dolphin, e arrastrar o cursor formando un rectángulo.

Tamén pode usar atallos de teclado para seleccioan e deseleccionar ficheiros ou cartafoles:

  • Ao premer un ficheiro ou cartafol coa tecla Ctrl premida, o ficheiro ou cartafol selecciónase se non estaba seleccionado, e deselecciónase se estaba seleccionado.
  • Ao premer un ficheiro ou cartafol coa tecla Maiús premida, selecciónanse todos os ficheiros e cartafoles desde o último seleccionado ata o que acaba de premer.