Translations:Dolphin/File Management/25/gl

From KDE UserBase Wiki
Revision as of 12:39, 29 April 2013 by Gallaecio (talk | contribs) (Created page with "Tamén pode empregar unha barra de lugar clásica que mostra a ruta completa. Para iso, prema a barra de lugar co botón secundario e seleccione <menuchoice>Mostrar a ruta com...")
(diff) ← Older revision | Latest revision (diff) | Newer revision → (diff)

Tamén pode empregar unha barra de lugar clásica que mostra a ruta completa. Para iso, prema a barra de lugar co botón secundario e seleccione Mostrar a ruta completa. Se quere poder editar o lugar da barra, prema Ctrl + L ou seleccione Control -> Barra de lugar -> Lugar editábel. Se preme sobre o espazo baleiro que hai a continuación do último cartafol do ronsel da barra de lugar, tamén poderá editar a ruta da barra de lugar. Cando a barra de lugar está no modo de edición, móstrase unha marca no extremo dereito da barra. A marca é un botón que pode premer para devolver a barra de lugar ao modo de ronsel. Por suposto, tamén pode facer o mesmo mediante atallos de teclado ou mediante os menús.