This page is a
translated version of the page
Amarok/QuickStartGuide/HowToDealWithProblems and the translation is 93% complete.
Solucionar os problemas
O aplicativo sáltase parte da música de seguida
Pode que non teña instalados os códecs necesarios. Atopará máis información ao respecto aquí. Pregunte aos responsables da distribución que empregue.
O meu iPod non aparece no navegador de contidos ao montalo
Pois debería. Asegúrese de que o dispositivo se montou correctamente. Execute a seguinte instrución nunha consola para obter unha lista dos dispositivos que ten montados:
mount
Tras actualizar a colección de música, a música nova non aparece no navegador de contidos
Vaia ao menú superior e a . Se non aparecen, saia do Amarok dende o menú , ou mediante o atallo (Ctrl+Q é o predeterminado). Ao volver iniciar o Amarok, a nova música aparecerá canda o resto da colección.
Amarok non dá atopada a letra das canción que estou a escoitar
Pode que estea a ocorrer algunha das seguintes cousas:
- As letras non están dispoñíbeis nos sitio da Internet nos que se buscan. Pode que queira engadir máis mediante o menú dos guións, accesíbel dende .
- O sistema de numeración das cancións do álbum non é correcto.
- O título das cancións contén caracteres especiais (vogais con tiles, eñe, etc.) que non se amosan no título. Iso explicaría que o guión de busca de letras non dea atopado ningunha que se corresponda co título da canción. Comprobe a información das cancións e o sistema de numeración cun programa de xestión de etiquetas coma Picard.
Non atopou o que buscaba?
No manual trátanse asuntos máis complexos, como a solución de problemas e cales son os áis habituais, e as preguntas máis habituais sobre o reprodutor.
This page was last modified on 4 July 2013, at 18:30. Content is available under
Creative Commons License SA 4.0 unless otherwise noted.