A xanela do Amarok

    From KDE UserBase Wiki
    This page is a translated version of the page Amarok/QuickStartGuide/TheAmarokWindow and the translation is 86% complete.
    Outdated translations are marked like this.

    A xanela de Amarok

    A xanela do Amarok está deseñada para permitirlle volver descubrir a súa música. Iso significa que fornece toda a información posíbel sobre a súa música. Moitos usuarios están a gusto coa disposición predeterminada, pero pode personalizarse completamente.

    Disposición predeterminada da xanela de Amarok

    Este será o aspecto de Amarok despois da instalación:

    Amarok 2.8, newly installed

    A xanela de Amarok consta de catro partes principais:

    1. A Barra de ferramentas, na parte superior.
    2. O panel de Orixes de contido multimedia, na parte esquerda.
    3. O panel do Contexto, na parte central.
    4. O panel da Lista de reprodución, na parte dereita.

    Usar a xanela de Amarok para xestionar e reproducir música

    Para reproducir música con Amarok siga estes pasos:

    1. Cree unha lista de reprodución:
      1. Seleccione algunhas das pistas da súa colección, no panel de Orixes de contidos multimedia.
      2. Engádaas ao panel da Lista de reprodución.
    2. Reproduza a música da lista, desde o panel da Lista de reprodución ou desde a Barra de ferramentas.

    Tamén pode transferir parte da súa música a un dispositivo móbil de música, como por exemplo un iPod. Atopará máis información sobre isto nas seguintes seccións.