Artwork

    From KDE UserBase Wiki
    This page is a translated version of the page Artwork and the translation is 91% complete.
    Outdated translations are marked like this.
      Artwork é un aplicativo de gráficos vectores para KOffice

    Artwork é un aplicativo de debuxo vectorial cunha interface intuitiva, e amplamente personalizábel e extensíbel. Iso converte a Artwork nun gran aplicativo para os usuarios que estean a comezar a explorar o mundo das imaxes vectoriais, así como para os profesionais que queiran realizar verdadeiras obras de arte.

    Funcionalidades

    • Capacidade de carga dos formados ODG, SVG, WPG, WMF, e EPS/PS.
    • Capacidade de escrita nos formatos ODG, SVG, PNG, PDF, e WMF.
    • Interface personalizábel con barras de ferramentas e docas que se poden situar en calqueira lugar.
    • Doca de capas para un manexo sinxelo de documentos complexos, incluíndo previsualizacións en miniatura, agrupamento de formas arrastrando e soltando, control da visibilidade das formas ou bloqueo.
    • Ferramenta de edición avanzada de trazos, con grande funcionalidades de edición no lenzo.
    • Varias ferramentas de debuxo para trazar formas, incluíndo unha ferramenta de debuxo de trazos, un lapis, e unha ferramenta de caligrafía.
    • Ferramentas para editar no lenzo facilmente estilos de patróns e degradados.
    • Funcionalidades de aliñamento de gran calidade para debuxo e edición guiadas (por exemplo, aliñamento coa grella, liñas guía, nodos de trazado, caixas de asociación, posicións ortogonais, interseccións de tradazos de formas ou extensións de liñas e trazados).
    • Inclúe moitas formas predefinidas, entre elas formas básicas como estrelas, círculos, elipses, rectángulos e imaxes.
    • Forma de texto artístico que pode adaptarse a trazados base (é dicir, texto nun trazado).
    • Efectos e operacións complexas sobre trazados, como operacións booleanas, alisadi de trazados, e efectos para arredondar e refinar entre outros efectos.
    • Extensíbel mediante complementos que engaden novas ferramentas, formas e docas.

    Capturas de pantalla

    Tigre en SVG aberto con Artwork.
     
    Imaxe WPG importada.

    Hai máis capturas dispoñíbeis nesta páxina.

    Consellos, trucos e aprendizaxes

    • «Uso da forma de texto artístico» é unha aprendizaxe que demostra como empezar coa forma de texto artístico, dispoñíbel en todos os aplicativos de KOffice.