Translations:Akonadi 4.4/Troubleshooting/18/gl

From KDE UserBase Wiki

O recurso akonadi_maildir_resource créao automaticamente o axente akonadi_maildispatcher_agent, mentres que este último iníciase sempre xunta o servidor de Akonadi, xa que fornece funcionalidades básicas (coma enviar correos electrónicos) que utilizan todos os aplicativos de correo electrónico (actuais e futuros) baseados en Akonadi. Así que é normal que estean executándose, como usuario pode limitarse a ignoralos. Este recurso akonadi_maildir_resource, xerado de maneira automática, sempre vai apuntar a ~/.local/share/local-mail/, que é a súa conta de "Cartafoles locais" onde se almacenarán os seus cartafoles e correos electrónicos locais.