Translations:Akonadi 4.4/Troubleshooting/24/gl

From KDE UserBase Wiki

Se o problema non se soluciona (ou se a opción xa estaba activada cando se recibiu o erro) e se estivo utilizando versións de proba previas ao lanzamento final da versión 4.4 da compilación de software de KDE, pode que lle afectase un cambio na estrutura da base de datos (por mor dunha actualización do servidor de bases de datos Virtuoso da versión 5 á 6; os lanzamentos estables da versión 4.4 da compilación de software de KDE deben incluír a versión 6 de Virtuoso). As seguintes ordes deberían volver facelo funcionar: