Translations:Akonadi 4.4/Troubleshooting/26/gl

From KDE UserBase Wiki

En Kontact, Nepomuk utilízase para moitas cousas distintas, dende amosar os vindeiros aniversarios, pasando por xestionar as listas de libres e ocupados, ata amosar a fotografía dun contacto no visor de mensaxes. Se Nepomuk non está funcionando, moitas cousas de Kontact deixarán de funcionar. A mensaxe está para avisarlle da redución da súa funcionalidade. Activar Nepomuk tal e como se describiu previamente soluciona o problema.