Translations:Akregator/10/gl

From KDE UserBase Wiki

Pode que lle interese importar fontes de novas dende outro navegador web o a partir dunha copia de seguridade. Para importar fontes de novas, abonda con premer Ficheiro -> Importar fontes de novas e buscar o ficheiro coa información das fontes. Trátase dun ficheiro OPML (ligazón en inglés) —baseado en XML—, un formato habitual para intercambiar fontes de novas entre varios lectores compatíbeis. Para exportar as fontes ás que se está subscrito, o procedemento é o mesmo, salvo porque en vez de premer Importar fontes de novas terá que premer Exportar fontes de novas.