Translations:Amarok/Manual/AmarokWindow/MediaSources/27/gl
O navegador de ficheiros de Amarok permite engadir facilmente música á colección, ou reproducir pistas do sistema de almacenamento. Pode explorar os seus ficheiros usando os seguintes botóns: (atrás), (seguinte), (subir), (inicio) e (lugares), moi similares aos do menú dun navegador web. Tamén pode premer un elemento do ronsel para acceder directamente a ese directorio.