O seu programa desaparece e a continuación aparece outra xanela, o Xestos de quebras de KDE. Non se asuste! Daránselle indicacións para informar da quebra facilmente. A ligazón do diálogo que reza «Aprenda máis sobre como informar de erros» levaralle a unha páxina na que se lle explicará o proceso. Se decide informar do problema, prema Informar do erro e o asistente guiaralle a través dos pasos necesarios. Para informar dunha quebra necesitará instalar os paquetes de depuración (debug) da súa distribución, que fornecen ao xestor de quebras información útil do seu problema, coa que os desenvolvedores poden saber o que levou ao programa a quebrar no seu caso.