Translations:K3b/33/gl

From KDE UserBase Wiki

Agora que xa tes as túas fontes a man, só tes que arrastrar os arquivos e cartafois que queiras gravar ao gran panel da parte inferior dereita; este é o panel modelo. Observa a árbore cos teus arquivos á esquerda. No caso de que haxa arquivos ou directorios que non queiras gravar, podes eliminalos fácilmente do proxecto eliminándoos do panel inferior. Selecciona o arquivo a eliminar (podes seleccionar varios pulsando control ao facer clic), e logo elixe Eliminar desde o menú contextual.