Translations:Konqueror/12/gl

From KDE UserBase Wiki

Konqueror é o navegador web incorporado. Ten motores de renderizado rápidos e compatibles cos estándares para HTML e JavaScript, KHTML e KJS respectivamente, que son máis coñecidos por ser a elección de Apple para desenvolver o popular motor de renderizado Webkit, elixido pola súa velocidade e a súa compatibilidad. Tamén é compatible con varios plugins de Firefox, Java, varios formatos de imaxe, conexións Secure Socket Layer (SSL) e máis. Para ver todos os estándares compatibles en Konqueror, navega a about:konqueror/specs nunha fiestra de Konqueror.