Akonadi/gl: Difference between revisions
(Updating to match new version of source page) |
(Updating to match new version of source page) |
||
Line 33: | Line 33: | ||
==Controlar o servidor de Akonadi== | ==Controlar o servidor de Akonadi== | ||
<span class="mw-translate-fuzzy"> | |||
O módulo de control de '''Akonadi''' na '''Configuración do sistema''' permite iniciar, deter, reiniciar e consultar o estado do servidor '''Akonadi'''. Tamén pode facerse desde un terminal mediante a orde '''akonadictl''', o que permite obter información adicional que podería resultar de utilidade. | O módulo de control de '''Akonadi''' na '''Configuración do sistema''' permite iniciar, deter, reiniciar e consultar o estado do servidor '''Akonadi'''. Tamén pode facerse desde un terminal mediante a orde '''akonadictl''', o que permite obter información adicional que podería resultar de utilidade. | ||
</span> | |||
The '''Akonadi''' control module started by the '''Context-Menue''' of the '''Akonadi tray icon''' provides an easy means to starting, stopping, restarting and querying the status of the '''Akonadi''' server. You may also accomplish this from the commandline using the command '''akonadictl'''. Using this method, you can get additional useful information on the console. | |||
Para iniciar o servidor de '''Akonadi''', execute: | Para iniciar o servidor de '''Akonadi''', execute: |
Revision as of 05:00, 26 August 2015
Introdución
A infraestrutura Akonadi consiste nunha base de datos centralizada que almacena, indexa e manexa a información persoal do usuario, para que os aplicativos poidan traballar con ela. Esta información inclúe os correos electrónicos, contactos, calendarios, acontecementos, diarios, alarmas, notas, etc. Na versión 4.4 da colección de software de KDE, KAddressBook converteuse no primeiro aplicativo en empezar a empregar a infraestrutura Akonadi. Na versión 4.7, KMail, KOrganizer, KJots e outros aplicativos actualizáronse para facer tamén uso de Akonadi. Ademais, un gran número de trebellos de Plasma empregan Akonadi para almacenar e obter acontecementos de calendarios, notas, etc.
No momento de escribir estas liñas, os seguintes aplicativos están preparados para empregar a infraestrutura Akonadi para centralizar o almacenamento e acceso aos datos do usuario. Acceda á páxina de cada aplicativo para máis información.
KMail
Cliente de correo electrónico. Emprega Akonadi para almacenar os correos electrónicos.
KAddressBook
Xestor de contactos. Emprega Akonadi para almacenar información de contacto.
KOrganizer
Organizador persoal. Emprega Akonadi para almacenar calendarios, acontecementos, diarios, etc.
KJots
Aplicativo de toma de notas. Emprega Akonadi para almacenar notas.
KAlarm
Programador de alarmas persoal Emprega Akonadi para almacenar as alarmas.
Ademais, algúns trebellos de Plasma coma o Reloxo dixital ou as Notas empregan tamén Akonadi para almacenar e obter acontecementos e notas.
Controlar o servidor de Akonadi
O módulo de control de Akonadi na Configuración do sistema permite iniciar, deter, reiniciar e consultar o estado do servidor Akonadi. Tamén pode facerse desde un terminal mediante a orde akonadictl, o que permite obter información adicional que podería resultar de utilidade.
The Akonadi control module started by the Context-Menue of the Akonadi tray icon provides an easy means to starting, stopping, restarting and querying the status of the Akonadi server. You may also accomplish this from the commandline using the command akonadictl. Using this method, you can get additional useful information on the console.
Para iniciar o servidor de Akonadi, execute:
akonadictl start
Para detelo:
akonadictl stop
Para reinicialo cando xa estea a executarse:
akonadictl restart
Para consultar o estado do servidor:
akonadictl status
Disabling the Akonadi subsystem
The Akonadi server is started by any Akonadi-enabled application. If you don't want Akonadi to be started after login, you have to ensure that no Akonadi-enabled application is launched at login or thereafter. Remember to check Plasma widgets as well — the Digital Clock widget in the default panel, for instance uses Akonadi to (optionally) display calendar events and this is enabled in its settings by default (see the "Display Events" option) . You must remove any widgets that may start it from your start-up, if you wish Akonadi to start only when you start KMail or other applications.
O servidor de Akonadi iníciase automaticamente ao identificarse no sistema e cando calquera aplicativo que empregue Akonadi solicite acceso ao mesmo.
Para desactivar a infraestrutura Akonadi, apague o servidor de Akonadi en execución dende o módulo de control ou dende un terminal:
akonadictl stop
To ensure that Akonadi is not started, check that no applications require it at login. In particular, open the Plasma clock applet preferences, go to
and uncheck to prevent Plasma from requesting information from Akonadi and thus allowing it to start.Preguntas habituais
Onde están agora os meus datos?
Nesta entrada (en inglés) do blogue de Andras Mantia atopará unha explicación detallada de onde se almacenan os datos e como Akonadi os manexa.
Problemas de migración
No glosario de termos hai unha sección sobre Akonadi cunha breve descrición do seu propósito, así como outras ligazóns de interese. Estoutra páxina explica como configurar Akonadi e o caderno de enderezos de KDE, KAddressBook, para que traballen de maneira sincronizada.
Uso intensivo do procesador ou da memoria
Se nota que o proceso virtuoso-t lle consume todo o procesador ao empregar Akonadi e aplicativos relacionados, probe esta posíbel solución temporal mentres investigamos o problema: na páxina de configuración de KRunner, desactive o complemento de busca de Nepomuk e o complemento de Contactos; logo peche a sesión de escritorio (saír) e inicie unha nova. Se dispón de información adicional sobre o problema, informe aquí, nos foros ou na canle de IRC #kontact (en FreeNode).
O motivos para usar Akonadi e Nepomuk
Arredor de Akonadi e Nepomuk adoita existin moita confusión. O artigo Por que Nepomuk indexa os datos de Akonadi (en inglés) explica en detalle os motivos para termos ambos os dous sistemas, e cal é o rol de cada un deles. Tamén cómpre ler a información adicional que Will Stephenson deixa no artigo en forma de comentario.
Solución de problemas
Non podo ler ningún detalle de algunhas mensaxes, ou os detalles tardan moito en cargar
Se non pode ler algunhas mensaxes, e lle aparece unha mensaxe indicándolle que espere, probe a pechar a sesión de KDE e reiniciala.