Okteta/gl: Difference between revisions

From KDE UserBase Wiki
(Importing a new version from external source)
(Importing a new version from external source)
Line 99: Line 99:
=== Pódense ver diferencias entre ficheiros? ===
=== Pódense ver diferencias entre ficheiros? ===


A facility to view and work on differences between files and file versions is planned for later versions of '''Okteta'''.
Non. Porén, a posibilidade de ver e traballar coas diferencias entre ficheiros e versións de ficheiros é unha das funcionalidades planificadas para versións futuras do aplicativo.





Revision as of 22:29, 9 November 2012

Ficha

  • Nome: Okteta.
  • Descrición: Editor de datos en bruto.
  • Categoría: Desenvolvemento.
  • Versión: 0.9.
  • Dispoñibilidade: 4.9.
  • Manual (en inglés).


Descrición

Okteta é un editor simple de datos en bruto de ficheiros.

  • Os valores e caracteres amósanse en dúas columnas —a forma de visualización tradicional deste tipo de editores— ou en filas co valor sobre o carácter.
  • A edición e a navegación aseméllanse ás dun editor de texto.
  • Conta con vistas de datos que se poden personalizar.
  • Conta con perfís de vistas de datos.
  • As ferramentas poden situarse en calquera dos extremos da interface, ou mesmo flotando sobre ela.
  • Codificacións numéricas: hexadecimal, decimal, octal e binario.
  • Codificacións de caracteres: todas as de 8 bits grazas a Qt, máis EBCDIC.
  • Debuxado rápido dos datos na pantalla.
  • Posibilidade de ter varios ficheiros abertos ao mesmo tempo.
  • Posibilidade de abrir ficheiros remotos, mediante os protocolos HTTP, FTP, Fish e outros compatíbeis coa plataforma de KDE.
  • Capacidade para exportar datos como texto, ben a un ficheiro ou ben ao portapapeis.
  • Calculadora de códigos de verificación da integridade: suma modular (8, 16, 32 e 64 bits), Adler-32, CRC-32 e os fornecidos pola biblioteca QCA2, é dicir, SHA-0/1/224/256/384/512, MD2/4/5, RIPEMD-160, e Whirlpool.
  • Ferramenta de estruturas para a análise e edición baseada en definicións de estruturas que poidan ser definidas polos usuarios.
  • Ferramenta estatística.
  • Ferramenta de extracción de cadeas.
  • Ferramenta de conversión entre sistemas de codificación de caracteres de 8 bits.
  • Táboa de decodificación, cunha lista de tipos de datos simples e frecuentes.
  • Marcadores.
  • Capacidade de impresión.
  • Unha táboa coa lista competa de valores que pode albergar un byte.

Manipulación de datos

  • Modos de inserción e substitución.
  • Capacidade ilimitada para desfacer os cambios efectuados, ou repetilos.
  • Operacións de busca e substitución.
  • Inserción de patróns.
  • Ferramenta de filtrado con operacións binarias:
    • E (AND)
    • OU (OR)
    • OU-exclusivo (XOR)
    • Inversión
    • Desprazamento
    • Rotación
    • Volta


Preguntas frecuentes

Que ten que ver con KHexEdit?

Okteta é un proxecto independente, baseado nun código e arquitectura completamente distintos, escrito desde cero por un autor diferente.

O desenvolvemento de KHexEdit cesou na rama 4 do software de KDE, dado que non hai un verdadeiro mantedor, e a adaptación á versión 4 da plataforma de KDE era incompleta. Okteta foi incluído por vez primeira na versión 4.1 da colección de software de KDE, sendo por tanto o sucesor de KHexEdit para a rama 4 da colección.

Pódense abrir ficheiros de 1 GiB ou máis?

Non, polo menos de momento, dado que aínda non hai unha decisión sobre como reflectir na interface a carga parcial e os asuntos relacionados.

A versión actual carga unha copia completa do ficheiro en memoria, polo que se recomenda ter coidado de non abrir ficheiros dun tamaño que se achegue ao da memoria libre do computador.

Pódense ver diferencias entre ficheiros?

Non. Porén, a posibilidade de ver e traballar coas diferencias entre ficheiros e versións de ficheiros é unha das funcionalidades planificadas para versións futuras do aplicativo.


Other Info

Structure definitions used by the Structures tool can be shared on kde-files.org (also used by the integrated sharing dialog in the Structures tool's configuration).


There are a few tutorials


Keywords

hex editor, binary editor, raw data viewer