Translations:K3b/32/gl

From KDE UserBase Wiki
Revision as of 08:33, 23 April 2013 by Gallaecio (talk | contribs)

A parte superior da pantalla é o panel de fontes; funciona como un administrador de arquivos. Pode elixir arquivos ordinarios dende volumes de datos montados ou pistas de audio dende discos de audio inseridos. Os nomes das pistas de audio lense automáticamente dende os datos CD-TEXT, se a túa unidade de CD é compatible coa súa lectura, ou se xeran usando CDDB; o formato exacto é controlado cun botón no panel inferior. Se os nomes son incorrectos ou símplemente non encaixan coa descrición do disco, podes editalos usando o botón da barra de ferramentas. Os teus cambios gardaranse localmente e enviaranse ao rexistro principal en FreeDB. Aplícanse tarifas de conexión a Internet.