Translations:Dolphin/File Management/22/gl
Dolphin introduce unha nova forma de usar a barra de lugar, máis rápida e precisa: unha barra de lugar en ronsel. En vez de mostrar a ruta completa, só se mostran os puntos de navegación, empezando desde un dos lugares do usuario, e cada punto de navegación é un botón. Ao premer un dos botóns, ábrese o cartafol ao que ese botón corresponde. Así pode acceder directamente a un cartafol desde calquera dos cartafoles e subcartafoles que hai dentro del.