Amarok/QuickStartGuide/GettingStarted/gl: Difference between revisions
(Importing a new version from external source) |
(Importing a new version from external source) |
||
Line 45: | Line 45: | ||
{{Prevnext2 | {{Prevnext2 | ||
| prevpage=Special:mylanguage/Amarok | nextpage=Special:mylanguage/Amarok/QuickStartGuide/TheAmarokWindow | | prevpage=Special:mylanguage/Amarok | nextpage=Special:mylanguage/Amarok/QuickStartGuide/TheAmarokWindow | ||
| prevtext= | | prevtext=Inicio| nexttext=A xanela do Amarok | ||
| index=Special:mylanguage/Amarok/QuickStartGuide | indextext= | | index=Special:mylanguage/Amarok/QuickStartGuide | indextext=Volver ao menú | ||
}} | }} | ||
Revision as of 07:01, 26 November 2010
Os primeiros pasos
Iniciar o Amarok
Se xa sabe como empregar o seu sistema operativo, probablemente tamén saiba como iniciar o Amarok, e pode saltarse esta sección. En caso contrario, siga lendo.
Dende Plasma
Se está empregando o espazo de traballo Plasma pode iniciar o Amarok:
- premendo no menú Kickoff e a continuación en .
- executando o KRunner (Alt+F2 de maneira predeterminada), introducindo
amarok
e premendo a continuación a tecla Intro.
A primeira vez
A primeira vez que execute o Amarok aparecerá unha interface de usuario para a configuración inicial na que terá que indicar onde garda a súa música. Se xa ten un directorio para a música configurado no sistema, Amarok detectarao e preguntaralle se o quere usar:
Se preme
neste diálogo, aparecerá outro no que poderá escoller a ruta onde garda a música:Aprenda como configurar unha colección.
Unha vez escollido o cartafol onde garda a música, Amarok analizará todo o seu contido e creará a colección. O tempo que tarde dependerá do número de ficheiros de son e da velocidade de lectura do directorio.
Pechar o Amarok
Para pechar o Amarok ten varias opcións:
- Premer Ctrl+Q dende a xanela do programa,
- Premer o botón do menú , ou
- Premer co botón dereito do rato na icona dun lobo azul que aparece na bandexa do sistema, que xeralmente está á súa vez nun panel na parte inferior da pantalla. Apareceranlle as seguintes opcións:
Se pechar a xanela do Amarok premendo no botón de pechar da xanela, Amarok seguirá executándose en segundo plano, e o único que se verá del será a icona do lobo azul na bandexa do sistema:
Se pecha a sesión no sistema ou o apaga sen saír do Amarok, é probable que parte da configuración non quede gardada.