Bangarang/gl: Difference between revisions
(Importing a new version from external source) |
(Importing a new version from external source) |
||
Line 79: | Line 79: | ||
=== Crear coleccións personalizadas mediante etiquetas === | === Crear coleccións personalizadas mediante etiquetas === | ||
Pode engadir etiquetas a calquera contido. Busque o campo '''Etiquetas''' na '''Vista da información'''. Pode engadir varias etiquetas a calquera elemento, polo que os contidos poden pertencer a calquera colección de etiquetas. Para ver as coleccións de etiquetas escolla <menuchoice>Etiquetas</menuchoice> desde as <menuchoice>Listas de contidos</menuchoice>. Trátase de etiquetas de '''Nepomuk''', polo que calquera outro aplicativo poderá tamén acceder a elas. O que significa tamén que se engade unha etiqueta desde '''Dolphin''', tamén aparecerá en '''Bangarang'''. | |||
Feel free to add more tips here. | Feel free to add more tips here. | ||
[[Category:Multimedia]] | [[Category:Multimedia]] |
Revision as of 22:04, 8 July 2012
Goce dos seus contidos
Bangarang axúdalle a gozar da súa música, filmes, series, fontes de son e vídeo, fluxos de son, fragmentos de son e vídeo, CDs e DVDs.
Desenvolvido por KDE
Bangarang está deseñado para o seu escritorio KDE.
Completamente integrado co escritorio semántico de KDE; Nepomuk, Bangarang pode acceder á información indexada dos contidos, e compartir a información obtida con outros aplicativos: puntuacións, etiquetas, estatísticas de uso, etc.
Bangarang pode reproducir canto poida reproducir Phonon. As funcionalidades e configuracións de son e vídeo actívanse automaticamente son compatíbeis con Phonon.
Os trebellos de Plasma compatíbeis con MPRIS poden controlar Bangarang directamente.
Sempre baixo control
Bangarang permítelle controlar a súa experiencia multimedia. En todo momento poderá acceder ás súas listas do
, e .A
forneceralle información útil cando a necesite. Poderá acceder aos seus estilos favoritos, os álbums que escoita con maior frecuencia e moito máis, todo completamente actualizado.Edite a información dos seus contidos facilmente. Obteña os datos do intérprete, a canción, o filme e a serie de provedores de datos coma Last.fm, themoviedb.org e theTVDB.com. Empregue etiquetas para organizar os seus contidos como queira.
Se prefire organizalos mediante xerarquías de ficheiros e cartafoles, Bangarang permítelle explorar o seu sistema de ficheiros como calquera outra lista de contidos. Cree e garde listas de medios, con vistas en directo e buscas.
Engada marcadores a calquera ficheiro reproducíbel e continúe véndoo ou escoitándoo a partir do punto no que quedou.
Libre
Bangarang —que no inglés xamaicano significa ruído e caos— é un aplicativo libre desenvolvido por voluntarios. Pode ler o blog do proxecto aquí. Se quere participar con código, traducións, imaxes ou ideas, bótelle unha ollada á páxina do proxecto e siga a lista de correo.
Informe de canto problema atope mentres usa Bangarang mediante o xestor de tarefas.
Bangarang está dispoñíbel nos repositorios de software de calquera distribución de GNU/Linux, e desde opendesktop.org. Pode que ao saír unha nova versión tarde un pouco en aparecer nos repositorios da súa distribución. Se está interesado en empaquetar Bangarang para a súa distribución, atopará a última versión do código fonte aquí.
Consellos
Editar os metadatos de varios ficheiros
Para editar os metadatos de varios ficheiros á vez, seleccióneos na lista de medios e prema o campo da Vista de información que queira editar. Cando remate, prema o botón de
.Cambiar a portada de todas as pistas dun álbum
Para cambiar a portada de todas as pistas dun álbum, atope o álbum e ábrao para amosar todos os ficheiros. Seleccióneos, e prema a portada do álbum na
; abrirase un diálogo desde o que poderá seleccionar o ficheiro de imaxe que queira definir como o da portada do álbum. Asegúrese de premer o botón de cando remate.Eliminar a portada dun elemento
Sitúe o cursor sobre o campo da portada na Vista da información. Prema a icona de borrar o contido do campo, na parte dereita, para eliminar a portada. Prema o botón de
a continuación.Engadir un marcador a un ficheiro que se está a reproducir
Prema o campo onde se amosa o tempo que leva reproducíndose o ficheiro. Aparecerá un menú contextual con opcións; escolla Engadir un marcador. A próxima vez que reproduza un ficheiro, aparecerá unha icona canda o tempo, indicando que hai marcadores dispoñíbeis.
Explorar e reproducir ficheiros compartidos
A lista de medios Dolphin. Iso significa que se ten música ou filmes nun cartafol compartido da rede, pode acceder a el desde Bangarang engadindo a ruta aos Lugares de Dolphin, de xeito que apareza ao escoller en Bangarang.
amosa os mesmos lugares que o panel Lugares deListas dinámicas personalizadas
Pode establecer criterios para as listas do na parte inferior das e ao seleccionar calquera destas listas.
, e ; premaFiltrar rapidamente a lista de contidos
Se preme Ctrl + F na vista das , aparecerá unha barra de filtro na parte inferior coa que poderá filtrar a lista.
Crear coleccións personalizadas mediante etiquetas
Pode engadir etiquetas a calquera contido. Busque o campo Etiquetas na Vista da información. Pode engadir varias etiquetas a calquera elemento, polo que os contidos poden pertencer a calquera colección de etiquetas. Para ver as coleccións de etiquetas escolla
desde as . Trátase de etiquetas de Nepomuk, polo que calquera outro aplicativo poderá tamén acceder a elas. O que significa tamén que se engade unha etiqueta desde Dolphin, tamén aparecerá en Bangarang.Feel free to add more tips here.