Akonadi/gl: Difference between revisions
(Created page with "Se non pode ler algunhas mensaxes, e lle aparece unha mensaxe indicándolle que espere, probe a pechar a sesión de KDE e reiniciala.") |
No edit summary |
||
Line 3: | Line 3: | ||
==Introdución== | ==Introdución== | ||
A infraestrutura '''Akonadi''' consiste nunha base de datos centralizada que almacena, indexa e manexa a información persoal do usuario, para que os ''aplicativos'' poidan traballar con ela. Esta información inclúe os correos electrónicos, contactos, calendarios, acontecementos, diarios, alarmas, notas, etc. Na versión 4.4 da colección de ''software'' de KDE, [[Special:myLanguage/KAddressBook|KAddressBook]] converteuse no primeiro ''aplicativo'' en empezar a empregar a infraestrutura '''Akonadi'''. Na versión 4.7, [[Special:myLanguage/KMail|KMail]], [[Special:myLanguage/KOrganizer|KOrganizer]], [[Special:myLanguage/KJots|KJots]] e outros ''aplicativos'' actualizáronse para facer tamén uso de '''Akonadi'''. Ademais, un gran número de trebellos de [[Special:myLanguage/Plasma|Plasma]] empregan '''Akonadi''' para almacenar e obter acontecementos de calendarios, notas, etc. | A infraestrutura '''Akonadi''' consiste nunha base de datos centralizada que almacena, indexa e manexa a información persoal do usuario, para que os ''aplicativos'' poidan traballar con ela. Esta información inclúe os correos electrónicos, contactos, calendarios, acontecementos, diarios, alarmas, notas, etc. Na versión 4.4 da colección de ''software'' de KDE, [[Special:myLanguage/KAddressBook|KAddressBook]] converteuse no primeiro ''aplicativo'' en empezar a empregar a infraestrutura '''Akonadi'''. Na versión 4.7, [[Special:myLanguage/KMail|KMail]], [[Special:myLanguage/KOrganizer|KOrganizer]], [[Special:myLanguage/KJots|KJots]] e outros ''aplicativos'' actualizáronse para facer tamén uso de '''Akonadi'''. Ademais, un gran número de trebellos de [[Special:myLanguage/Plasma|Plasma]] empregan '''Akonadi''' para almacenar e obter acontecementos de calendarios, notas, etc. | ||
No momento de escribir estas liñas, os seguintes ''aplicativos'' están preparados para empregar a infraestrutura '''Akonadi''' para centralizar o almacenamento e acceso aos datos do usuario. Acceda á páxina de cada ''aplicativo'' para máis información. | No momento de escribir estas liñas, os seguintes ''aplicativos'' están preparados para empregar a infraestrutura '''Akonadi''' para centralizar o almacenamento e acceso aos datos do usuario. Acceda á páxina de cada ''aplicativo'' para máis información. |
Revision as of 08:54, 23 April 2013
Introdución
A infraestrutura Akonadi consiste nunha base de datos centralizada que almacena, indexa e manexa a información persoal do usuario, para que os aplicativos poidan traballar con ela. Esta información inclúe os correos electrónicos, contactos, calendarios, acontecementos, diarios, alarmas, notas, etc. Na versión 4.4 da colección de software de KDE, KAddressBook converteuse no primeiro aplicativo en empezar a empregar a infraestrutura Akonadi. Na versión 4.7, KMail, KOrganizer, KJots e outros aplicativos actualizáronse para facer tamén uso de Akonadi. Ademais, un gran número de trebellos de Plasma empregan Akonadi para almacenar e obter acontecementos de calendarios, notas, etc.
No momento de escribir estas liñas, os seguintes aplicativos están preparados para empregar a infraestrutura Akonadi para centralizar o almacenamento e acceso aos datos do usuario. Acceda á páxina de cada aplicativo para máis información.
KMail
Cliente de correo electrónico. Emprega Akonadi para almacenar os correos electrónicos.
KAddressBook
Xestor de contactos. Emprega Akonadi para almacenar información de contacto.
KOrganizer
Organizador persoal. Emprega Akonadi para almacenar calendarios, acontecementos, diarios, etc.
KJots
Aplicativo de toma de notas. Emprega Akonadi para almacenar notas.
KAlarm
Programador de alarmas persoal Emprega Akonadi para almacenar as alarmas.
Ademais, algúns trebellos de Plasma coma o Reloxo dixital ou as Notas empregan tamén Akonadi para almacenar e obter acontecementos e notas.
Controlar o servidor de Akonadi
O módulo de control de Akonadi na Configuración do sistema permite iniciar, deter, reiniciar e consultar o estado do servidor Akonadi. Tamén pode facerse desde un terminal mediante a orde akonadictl, o que permite obter información adicional que podería resultar de utilidade.
Para iniciar o servidor de Akonadi, execute:
akonadictl start
Para detelo:
akonadictl stop
Para reinicialo cando xa estea a executarse:
akonadictl restart
Para consultar o estado do servidor:
akonadictl status
Desactivar a infraestrutura de Akonadi
O servidor de Akonadi iníciase automaticamente ao identificarse no sistema e cando calquera aplicativo que empregue Akonadi solicite acceso ao mesmo.
Para desactivar a infraestrutura Akonadi, apague o servidor de Akonadi en execución dende o módulo de control ou dende un terminal:
akonadictl stop
Logo, edite o ficheiro ~/.config/akonadi/akonadiserverrc e poña StartServer a falso (false):
StartServer=false
O servidor de Akonadi debería deixar de iniciarse ao identificarse vostede no sistema.
Preguntas habituais
Onde están agora os meus datos?
Nesta entrada (en inglés) do blogue de Andras Mantia atopará unha explicación detallada de onde se almacenan os datos e como Akonadi os manexa.
Problemas de migración
No glosario de termos hai unha sección sobre Akonadi cunha breve descrición do seu propósito, así como outras ligazóns de interese. Estoutra páxina explica como configurar Akonadi e o caderno de enderezos de KDE, KAddressBook, para que traballen de maneira sincronizada.
Uso intensivo do procesador ou da memoria
Se nota que o proceso virtuoso-t lle consume todo o procesador ao empregar Akonadi e aplicativos relacionados, probe esta posíbel solución temporal mentres investigamos o problema: na páxina de configuración de KRunner, desactive o complemento de busca de Nepomuk e o complemento de Contactos; logo peche a sesión de escritorio (saír) e inicie unha nova. Se dispón de información adicional sobre o problema, informe aquí, nos foros ou na canle de IRC #kontact (en FreeNode).
O motivos para usar Akonadi e Nepomuk
Arredor de Akonadi e Nepomuk adoita existin moita confusión. O artigo Por que Nepomuk indexa os datos de Akonadi (en inglés) explica en detalle os motivos para termos ambos os dous sistemas, e cal é o rol de cada un deles. Tamén cómpre ler a información adicional que Will Stephenson deixa no artigo en forma de comentario.
Solución de problemas
Non podo ler ningún detalle de algunhas mensaxes, ou os detalles tardan moito en cargar
Se non pode ler algunhas mensaxes, e lle aparece unha mensaxe indicándolle que espere, probe a pechar a sesión de KDE e reiniciala.