Amarok/QuickStartGuide/GettingStarted/gl: Difference between revisions

From KDE UserBase Wiki
(Importing a new version from external source)
(Importing a new version from external source)
Line 36: Line 36:




If you close the '''Amarok''' window by clicking ''Close'' on the window border, '''Amarok''' will continue to run in the background and only show the blue wolf icon in the ''System Tray'':
Se pechar a xanela do '''Amarok''' premendo no botón de pechar da xanela, '''Amarok''' seguirá executándose en segundo plano, e o único que se verá del será a icona do lobo azul na bandexa do sistema:


[[Image:amaroksystray.png|center]]
[[Image:amaroksystray.png|center]]

Revision as of 07:01, 26 November 2010

Os primeiros pasos

Iniciar o Amarok

Se xa sabe como empregar o seu sistema operativo, probablemente tamén saiba como iniciar o Amarok, e pode saltarse esta sección. En caso contrario, siga lendo.

Dende Plasma

Se está empregando o espazo de traballo Plasma pode iniciar o Amarok:

  • premendo no menú Kickoff e a continuación en Son e vídeo -> Amarok.
  • executando o KRunner (Alt+F2 de maneira predeterminada), introducindo
    amarok
    e premendo a continuación a tecla Intro.

A primeira vez

A primeira vez que execute o Amarok aparecerá unha interface de usuario para a configuración inicial na que terá que indicar onde garda a súa música. Se xa ten un directorio para a música configurado no sistema, Amarok detectarao e preguntaralle se o quere usar:

Se preme Non neste diálogo, aparecerá outro no que poderá escoller a ruta onde garda a música:

Aprenda como configurar unha colección.

Unha vez escollido o cartafol onde garda a música, Amarok analizará todo o seu contido e creará a colección. O tempo que tarde dependerá do número de ficheiros de son e da velocidade de lectura do directorio.

Pechar o Amarok

Para pechar o Amarok ten varias opcións:

  • Premer Ctrl+Q dende a xanela do programa,
  • Premer o botón Saír do menú Amarok, ou
  • Premer co botón dereito do rato na icona dun lobo azul que aparece na bandexa do sistema, que xeralmente está á súa vez nun panel na parte inferior da pantalla. Apareceranlle as seguintes opcións:


Se pechar a xanela do Amarok premendo no botón de pechar da xanela, Amarok seguirá executándose en segundo plano, e o único que se verá del será a icona do lobo azul na bandexa do sistema:

If you log out of your session or shut down your computer without quitting Amarok, some of your settings will not be saved.