Amarok/QuickStartGuide/GettingStarted/gl: Difference between revisions

From KDE UserBase Wiki
No edit summary
(Updating to match new version of source page)
Line 31: Line 31:
===Pechar o Amarok===
===Pechar o Amarok===

<span class="mw-translate-fuzzy">
Para pechar o '''Amarok''' ten varias opcións:
Para pechar o '''Amarok''' ten varias opcións:
*Premer <keycap>Ctrl+Q</keycap> dende a xanela do programa,
*Premer <keycap>Ctrl+Q</keycap> dende a xanela do programa,
*Premer o botón <menuchoice>Saír</menuchoice> do menú <menuchoice>Amarok</menuchoice>, ou
*Premer o botón <menuchoice>Saír</menuchoice> do menú <menuchoice>Amarok</menuchoice>, ou
*Premer co botón dereito do rato na icona dun lobo azul que aparece na ''bandexa do sistema'', que xeralmente está á súa vez nun panel na parte inferior da pantalla. Apareceranlle as seguintes opcións:

</span>

[[Image:Amarokrightmenu.png|thumb|center]]
[[Image:Amarokrightmenu.png|thumb|center]]

<span class="mw-translate-fuzzy">
Se pechar a xanela do '''Amarok''' premendo no botón de <menuchoice>Pechar</menuchoice> da xanela, '''Amarok''' seguirá executándose en segundo plano, e o único que se verá del será a icona do lobo azul na bandexa do sistema:

[[Image:amaroksystray.png|center]]
[[Image:amaroksystray.png|center]]

Revision as of 11:21, 8 October 2011

Os primeiros pasos

Iniciar o Amarok

Se xa sabe como empregar o seu sistema operativo, probablemente tamén saiba como iniciar o Amarok, e pode saltarse esta sección. En caso contrario, siga lendo.

Dende Plasma

Se está empregando o espazo de traballo Plasma pode iniciar o Amarok:

  • premendo no menú Kickoff e a continuación en Son e vídeo -> Amarok.
  • chamando a KRunner (Alt+F2 de maneira predeterminada), escribindo amarok e premendo a continuación a tecla Intro.

Dende o xestor de ficheiros

Abra un ficheiro multimedia que Amarok poida ler.

A primeira vez

A primeira vez que empregue o Amarok aparecerá unha caixa de diálogo para a configuración inicial na que terá que indicar onde garda a súa música. Se xa ten un directorio para a música configurado no sistema, Amarok detectarao e preguntaralle se o quere usar:

Se preme Non neste diálogo, aparecerá outro no que poderá escoller a ruta onde garda a música:

Aprenda como configurar unha colección.

Unha vez escollido o cartafol onde garda a música, Amarok analizará todo o seu contido e creará a colección. O tempo que tarde dependerá do número de ficheiros de son e da velocidade de lectura do directorio.

Pechar o Amarok

Para pechar o Amarok ten varias opcións:

  • Premer Ctrl+Q dende a xanela do programa,
  • Premer o botón Saír do menú Amarok, ou
  • Premer co botón dereito do rato na icona dun lobo azul que aparece na bandexa do sistema, que xeralmente está á súa vez nun panel na parte inferior da pantalla. Apareceranlle as seguintes opcións:

Se pechar a xanela do Amarok premendo no botón de Pechar da xanela, Amarok seguirá executándose en segundo plano, e o único que se verá del será a icona do lobo azul na bandexa do sistema:

Se pecha a sesión no sistema ou o apaga sen saír do Amarok, é probable que parte da configuración non quede gardada.