Amarok/QuickStartGuide/GettingStarted/gl: Difference between revisions
No edit summary |
No edit summary |
||
Line 25: | Line 25: | ||
<span class="mw-translate-fuzzy"> | <span class="mw-translate-fuzzy"> | ||
[[Image:FirstRunCollection2.png| | [[Image:FirstRunCollection2.png|300px|center]] | ||
</span> | </span> | ||
Se preme <menuchoice>Non</menuchoice> neste diálogo, aparecerá outro no que poderá escoller a ruta onde garda a música: | Se preme <menuchoice>Non</menuchoice> neste diálogo, aparecerá outro no que poderá escoller a ruta onde garda a música: | ||
[[File:Amarok2.4.1ConfigureDialogCollection.png|300px|center]] | |||
[[File:Amarok2.4.1ConfigureDialogCollection.png| | |||
Aprenda [[Special:mylanguage/Amarok/QuickStartGuide/TheMusicCollection#Setting_up_a_collection|como configurar unha colección]]. | Aprenda [[Special:mylanguage/Amarok/QuickStartGuide/TheMusicCollection#Setting_up_a_collection|como configurar unha colección]]. |
Revision as of 10:26, 24 April 2013
Primeiros pasos
Iniciar Amarok
Se xa sabe como empregar o seu sistema operativo, probablemente tamén saiba como iniciar o Amarok, e pode saltarse esta sección. En caso contrario, siga lendo.
Desde Plasma
Se está empregando o espazo de traballo Plasma pode iniciar o Amarok:
- premendo no menú Kickoff e a continuación en .
- chamando a KRunner (Alt+F2 de maneira predeterminada), escribindo
amarok
e premendo a continuación a tecla Intro.
Desde o xestor de ficheiros
Abra un ficheiro multimedia que Amarok poida ler.
A primeira vez
A primeira vez que utilice Amarok, aparecerá unha xanela de diálogo pedíndolle que forneza a súa configuración rexional:
A continuación aparecerá unha caixa de diálogo para a configuración inicial na que terá que indicar onde garda a súa música. Se xa ten un directorio para a música configurado no sistema, Amarok detectarao e preguntaralle se o quere usar:
Se preme
neste diálogo, aparecerá outro no que poderá escoller a ruta onde garda a música:Aprenda como configurar unha colección.
Unha vez escollido o cartafol onde garda a música, Amarok analizará todo o seu contido e creará a colección. O tempo que tarde dependerá do número de ficheiros de son e da velocidade de lectura do directorio.
Pechar o Amarok
Para pechar o Amarok ten varias opcións:
- Premer Ctrl+Q dende a xanela do programa,
- Premer o botón do menú , ou
- Premer co botón dereito do rato na icona dun lobo azul que aparece na bandexa do sistema, que xeralmente está á súa vez nun panel na parte inferior da pantalla. Apareceranlle as seguintes opcións:
Se pechar a xanela do Amarok premendo no botón de
da xanela, Amarok seguirá executándose en segundo plano, e o único que se verá del será a icona do lobo azul na bandexa do sistema:
Se pecha a sesión no sistema ou o apaga sen saír do Amarok, é probable que parte da configuración non quede gardada.