Akonadi

From KDE UserBase Wiki
Revision as of 05:55, 24 October 2011 by Gallaecio (talk | contribs) (Importing a new version from external source)

Introdución

A infraestrutura Akonadi consiste nunha base de datos centralizada que almacena, indexa e manexa a información persoal do usuario, para que os aplicativos poidan traballar con ela. Esta información inclúe os correos electrónicos, contactos, calendarios, acontecementos, diarios, alarmas, notas, etc. Na versión 4.4 da colección de software de KDE, KAddressBook converteuse no primeiro aplicativo en empezar a empregar a infraestrutura Akonadi. Na versión 4.7, KMail, KOrganizer, KJots e outros aplicativos actualizáronse para facer tamén uso de Akonadi. Ademais, un gran número de trebellos de Plasma empregan Akonadi para almacenar e obter acontecementos de calendarios, notas, etc.

No momento de escribir estas liñas, os seguintes aplicativos están preparados para empregar a infraestrutura Akonadi para centralizar o almacenamento e acceso aos datos do usuario. Acceda á páxina de cada aplicativo para máis información.

KMail

Cliente de correo electrónico.

Emprega Akonadi para almacenar os correos electrónicos.

KAddressBook

Xestor de contactos.

Emprega Akonadi para almacenar información de contacto.

KOrganizer

Organizador persoal.

Emprega Akonadi para almacenar calendarios, acontecementos, diarios, etc.

KJots

Aplicativo de toma de notas.

Emprega Akonadi para almacenar notas.

Ademais, algúns trebellos de Plasma coma o Reloxo dixital ou as Notas empregan tamén Akonadi para almacenar e obter acontecementos e notas.

Controlar o servidor de Akonadi

O módulo de control de Akonadi na Configuración do sistema permite iniciar, deter, reiniciar e consultar o estado do servidor Akonadi. Tamén pode facerse dente un terminal mediante a orde akonadictl.

Para iniciar o servidor de Akonadi, execute:

akonadictl start

Para detelo:

akonadictl stop

Para reinicialo cando xa estea a executarse:

akonadictl restart

Para consultar o estado do servidor:

akonadictl status

Desactivar a infraestrutura de Akonadi

Remember

Se non quere que Akonadi se execute no seu sistema, terá que evitar o uso de aplicativos que o empreguen, pois ditos aplicativos iniciarán o servidor en canto o necesiten, sen importar que vostede o desactivase. Comprobe a lista de aplicativos que empregan Akonadi. Teña en conta tamén que algúns trebellos, coma o reloxo dixital, tamén empregan Akonadi.


O servidor de Akonadi iníciase automaticamente ao identificarse no sistema e cando calquera aplicativo que empregue Akonadi solicite acceso ao mesmo.

Para desactivar a infraestrutura Akonadi, apague o servidor de Akonadi en execución dende o módulo de control ou dende un terminal:

akonadictl stop

Logo, edite o ficheiro ~/.config/akonadi/akonadiserverrc e poña StartServer a falso (false):

StartServer=false

O servidor de Akonadi debería deixar de iniciarse ao identificarse vostede no sistema.

Note

O servidor de Akonadi seguirá a iniciarse cando o requira algún aplicativo que empregue dita infraestrutura. Asegúrese por tanto de non iniciar ningún aplicativo que empregueAkonadi. Non esqueza comprobar os trebellos do escritorio tamén —o trebello do reloxo dixital que forma parte do panel predeterminado, por exemplo, emprega Akonadi para amosar acontecementos do calendario, unha funcionalidade opcional que está activada de maneira predeterminada no trebello. Se quere que Akonadi permaneza desactivado, terá que quitar calquera trebello que poida inicialo.


Preguntas habituais

Refer to the Troubleshooting page for resolving glitches during migration. Akonadi's Glossary entry has a brief description of its purpose and other useful links. This page explains how Akonadi and KAddressBook work together.

If you are experiencing 100% CPU usage by the virtuoso-t process when using Akonadi and related applications, try this proposed workaround while it is being investigated: In KRunner's configuration page, disable the Nepomuk search plugin and the Contact plugin. Then, log out and back in. For further information and inputs, report back here or on the Forum or on the IRC channel #kontact.