Choqok/Uso de Choqok

From KDE UserBase Wiki
Revision as of 08:58, 29 April 2013 by Gallaecio (talk | contribs) (Created page with "== Atallos de teclado ==")
Choqok é un cliente de microblogging para o escritorio KDE.

As súas características inclúen:

Integración de Twitter e Status.net incluíndo Identi.*ca Integración con Twitpic Múltiples contas simultáneas Procura de mensaxes Integración con KWallet

Por favor, vexa este sitio para unha lista completa de características.

A pantalla principal

A pantalla principal de Choqok, proporciona un fácil acceso ás súas contas e mensaxes. Cada conta, representada polo seu alias, ten unha pestana. Cando se reciben novas mensaxes, o número de non lidos aparece na pestana da conta.

Cada conta contén as seguintes pestanas: Inicio, Responder, Entrada e Saída .

Inicio

A pestana Inicio contén todas as mensaxes aos que está subscrito. Cada mensaxe na liña de tempo inclúe a mensaxe, avatar, hora de envío (relativo ao momento actual), e información sobre o cliente de microblogging utilizado.

Responder

A lapela Responder mostra mensaxes dirixidas a vostede ou nas que o mencionaron.

Recibidas

A lapela Recibidas mostra mensaxes da liña de tempo nas que estás subscrito. Aparecen en orde cronolóxica inversa, é dicir, as últimas mensaxes aparecen as primeiras.

Ao ler mensaxes, pode premer as etiquetas, prefixadas cun «#», os grupos, prefixados cun «!», ou os usuarios, prefixados cun «@». Se selecciona unha etiqueta ou grupo, abrirase unha xanela de busca con mensaxes do grupo ou que inclúan a etiqueta. Se selecciona un usuario, pode escoller que buscar. As opcións dispoñíbeis dependen das capacidades da rede. Twitter, por exemplo, permite buscar mensaxes que mencionen o usuario seleccionado.

Saída

A lapela Saída mostra en orde cronolóxica inversa as mensaxes privadas enviadas. As mensaxes privadas envíanse directamente a un usuario específico. Véxase Mensaxes directas para máis información sobre como crear mensaxes privadas.

Configurar Choqok

Crear unha conta

Choqok permite conectar a Twitter, Identi.ca, e todos os sitios baseados en Status.net.

Todas as contas inclúen os datos de conexión e un nome de conta; este último utilízase nas lapelas da xanela principal.

Configuración xeral

Desde a páxina de configuración xeral pódense modificar opcións habituais. Entre as máis salientábeis están o intervalo de actualización (o valor predeterminado é cada 10 minutos), ou o número de mensaxes novas a descargar por conta (20 de maneira predeterminada).

Notificacións

Choqok intégrase ben con escritorios compatíbeis con knotify (KDE) ou libnotify (Gnome, XFCE). Tamén pode agrupar as notificacións de novas mensaxes. Teña en conta que, ao iniciar Choqok, pode que reciba máis de 20 notificacións se ten máis dunha conta, ou se a súa configuración permite máis mensaxes. Como resultado, e dependendo da súa resolución de pantalla, é posíbel que algunhas mensaxes se saian da pantalla.

Escribir unha mensaxe

Comece a escribir a mensaxe na zona de edición. A medida que escriba a mensaxe, o número de caracteres restandes irá diminuíndo, desde 140. Unha vez completada a mensaxe, prema Intro. Se a mensaxe se publica correctamente, aparece entre as mensaxes recibidas.

Responer mensaxes

Ao ler unha mensaxe na liña do termpo, pode premer o botón Resposta. O botón aparece ao situar o cursor sobre a imaxe do autor dunha mensaxe.

Despois de premer Resposta, engádese o nome do destinatario ao editor de mensaxes. Entón pode escribir a mensaxe e premer Intro para enviala.

Mensaxes directas

Ao crear unha mensaxe, marque a opción Mensaxe directa a para converter a mensaxe en privada.

Detalles dunha conversa

Todas as conversas conteñen a imaxe dun usuario na parte esquerda e información sobre o usuario na parte inferior dereita. Dita información inclúe a ligazón do autor, o tempo que pasou desde que enviou a mensaxe, e o aplicativo mediante o que o autor publicou a mensaxe.

Ao situar o cursor sobre unha mensaxe, móstrase un tooltip coa biografía do autor.

Se usa Identi.ca, para ver a conversa completa pode premer o botón Mostrar a conversa, situado na parte inferior dereita da mesma.

Información sobre un usuario

Ao premer a ligazón dun autor ou dun usuario mencionado nunha mensaxe, pode obter información sobre o usuario mediante o menú contextual que aparece.

Quen é este usuario

Esta opción só está dispoñíbel ao premer a ligazón do autor. Ao seleccionala, móstrase unha xanela coa imaxe do usuario, o nome completo, o lugar onde vive, o sitio web persoal e maila biografía. Para subscribirse ao usuario, prema o botón de engadir que hai na esquina superior dereita.

Artigos deste usuario

Esta opción mostra unha xanela de busca coas mensaxes creadas polo usuario.

Respostas a este usuario

Esta opción mostra unha xanela de busca coas mensaxes que foron dirixidas ao usuario. Se usa Identi.ca, isto simulará a funcionalidade de incluír un usuario da rede Twitter.

Mensaxes que inclúen esteusuario

Esta opción só está dispoñíbel para os usuarios da rede Twitter. A opción mostra unha xanela de busca coas mensaxes que conteñen o usuario, pero que non son súas.

Atallos de teclado

Quick Message

To create a quick message, you can use Ctrl + T. This will launch a small window in which you can type your message.

Tip

If the window does not appear, you can use the KDE global shortcut Ctrl + Alt + A to bring the Choqok window to the foreground and display the message window.


If Choqok is not in the foreground, i.e. minimized to the system tray, you can use Meta + Ctrl + T. On most computers, the Meta key has the Windows logo. On computers manufactured by Apple, this is the Option key.

Mark All Read

When Choqok is active, you can use Ctrl + R to mark all of the messages as read. You can also close the Choqok window via the Close button. This will not actually exit Choqok: instead it will minimize it to the tray.

Update Timelines

When Choqok is active, pressing F5 will refresh the timelines for all of your accounts.

Insert Now Listening

Choqok provides integration with Amarok. Pressing Ctrl + L when Choqok is active will insert information about the current track playing in Amarok. The exact information posted is configured in the general settings.

The default now listening message is

Currently listening to %title% by %artist% on %album% [Amarok].

The words surround by "%" represent fields taken from the currently playing track. Possible fields include %title%, %album%, %artist%, %year%, %genre%, and ;%track%.

Other keyboard shortcuts

Ctrl + F - Launch the find window, Ctrl + N - Toggle notifications, Ctrl + U - Toggle auto-updating of timelines.

Links