Akonadi
Introdución
Na versión 4.4 da recompilación de software de KDE, KAddressBook converteuse no primeiro aplicativo en empregar Akonadi. Existen pequenos erros no sistema inevitables nas primeiras fases da migración, e hai unha páxina para solucionalos. No glosario hai unha breve descrición de en que consiste Akonadi, que contén ademais ligazóns interesantes para ampliar coñecementos sobre o tema. Unha vez que rematen os pequenos problemas que inevitablemente afectan a Akonadi, este software permitirá que en torno a el traballen moitos aplicativos.
A páxina de KAddressBook axudaralle a conseguir que o seu novo caderno de enderezos funcione correctamente con KMail.
Comprensión da estrutura
Por suposto pode limitarse a empregar Kontact para xestionar todos os seus cadernos de enderezos, pero en caso de que utilice un sistema de copias de seguridade, por exemplo, probablemente agradecerá saber onde están e como se manexan os seus datos. A páxina sobre Akonadi e o caderno de enderezos resultaralle de axuda.
Consellos para solucionar erros e problemas frecuentes
Se ten algún problema para conseguir que Akonadi funcione vótelle unha ollada á páxina de solución de problemas.
Se necesita axuda para conseguir que se lle recoñezan os seus cadernos de enderezos, bótelle unha ollada á páxina de KAddressBook.
Se ao empregar Akonadi e programas relacionados de xestión de información persoal o proceso vistuoso-t fai uso de todo o seu procesador, debería probar a seguinte solución temporal ata que o problema se investigue. Na xanela de configuración de KRunner, desactive os complementos de busca con Nepomuk e de Contactos, e despois peche a súa sesión de usuario e volva identificarse.
It is suspected that this is the cause of the problem. Please report back, here, on the Forum, or on IRC #kde-www if you try it.