Akonadi
Introdución
A infraestrutura Akonadi consiste nunha base de datos centralizada que almacena, indexa e manexa a información persoal do usuario, para que os aplicativos poidan traballar con ela. Esta información inclúe os correos electrónicos, contactos, calendarios, acontecementos, diarios, alarmas, notas, etc. Na versión 4.4 da colección de software de KDE, KAddressBook converteuse no primeiro aplicativo en empezar a empregar a infraestrutura Akonadi. Na versión 4.7, KMail, KOrganizer, KJots e outros aplicativos actualizáronse para facer tamén uso de Akonadi. Ademais, un gran número de trebellos de Plasma empregan Akonadi para almacenar e obter acontecementos de calendarios, notas, etc.
No momento de escribir estas liñas, os seguintes aplicativos están preparados para empregar a infraestrutura Akonadi para centralizar o almacenamento e acceso aos datos do usuario. Acceda á páxina de cada aplicativo para máis información.
KMail
Cliente de correo electrónico. Emprega Akonadi para almacenar os correos electrónicos.
KAddressBook
Xestor de contactos. Emprega Akonadi para almacenar información de contacto.
KOrganizer
Organizador persoal. Emprega Akonadi para almacenar calendarios, acontecementos, diarios, etc.
KJots
Aplicativo de toma de notas. Emprega Akonadi para almacenar notas.
Ademais, algúns trebellos de Plasma coma o Reloxo dixital ou as Notas empregan tamén Akonadi para almacenar e obter acontecementos e notas.
Controlar o servidor de Akonadi
O módulo de control de Akonadi na Configuración do sistema permite iniciar, deter, reiniciar e consultar o estado do servidor Akonadi. Tamén pode facerse dente un terminal mediante a orde akonadictl.
Para iniciar o servidor de Akonadi, execute:
akonadictl start
Para detelo:
akonadictl stop
Para reinicialo cando xa estea a executarse:
akonadictl restart
Para consultar o estado do servidor:
akonadictl status
Desactivar a infraestrutura de Akonadi
O servidor de Akonadi iníciase automaticamente ao identificarse no sistema e cando calquera aplicativo que empregue Akonadi solicite acceso ao mesmo.
Para desactivar a infraestrutura Akonadi, apague o servidor de Akonadi en execución dende o módulo de control ou dende un terminal:
akonadictl stop
Logo, edite o ficheiro ~/.config/akonadi/akonadiserverrc e poña StartServer a falso (false):
StartServer=false
O servidor de Akonadi debería deixar de iniciarse ao identificarse vostede no sistema.
Preguntas habituais
Para a solución de problemas durante as migracións, véxase a páxina de solución de problemas. No glosario de termos hai unha sección sobre Akonadi cunha breve descrición do seu propósito, así como outras ligazóns de interese. Estoutra páxina explica como configurar Akonadi e o caderno de enderezos de KDE, KAddressBook, para que traballen de maneira sincronizada.
If you are experiencing 100% CPU usage by the virtuoso-t process when using Akonadi and related applications, try this proposed workaround while it is being investigated: In KRunner's configuration page, disable the Nepomuk search plugin and the Contact plugin. Then, log out and back in. For further information and inputs, report back here or on the Forum or on the IRC channel #kontact.