Lokalize/gl

From KDE UserBase Wiki
Revision as of 17:26, 18 February 2013 by FuzzyBot (talk | contribs) (Updating to match new version of source page)
Lokalize
Lokalize
Lokalize é a ferramenta de localización para KDE 4

Constitúe o substituto de KBabel que se abandona a partir de agora.

Lokalize coa tradución francesa de konqueror


Algo máis de información sobre Lokalize pódese atopar na páxina de Lokalize summer of code: http://techbase.kde.org/Projects/Summer_of_Code/2007/Projects/KAider


Lokalize en Windows

Instalar KDE usando kdewin-installer:

http://www.winkde.org/pub/kde/ports/win32/installer/kdewin-installer-gui-latest.exe


Deixar os predeterminados en todos os pasos agás na lista de paquetes. Na lista de paquetes seleccionar kdesdk (instalaranse todas as dependencias automaticamente). Completar o proceso de instalación de kdewin.

Detalles técnicos: instalar KDE 4.3 ou posterior en forma estándar,

e despois engadir os bináriosLokalizecustom-compilar e datos.


Compilar Lokalize desde a rama principal

Instalar o paquete das cabeceiras kdelibs (por exemplo en Debian sería kdelibs5-dev). Despois:

svn checkout --depth=files svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/KDE/kdesdk/

or

svn checkout --depth=files svn+ssh://[email protected]/home/kde/trunk/KDE/kdesdk

e

cd kdesdk && svn up cmake doc lokalize
 mkdir build
 cd build
 mkdir $HOME/mykde
 cmake .. -DCMAKE_INSTALL_PREFIX=$HOME/kde43 -DCMAKE_BUILD_TYPE=RelWithDebInfo
 cd lokalize
 make -j2
 make install

Consellos e trucos

Buscar en ficheiros

Unha MT garda rexistro de onde procede cada par de tradución. Así cando queira buscar cadeas nos ficheiros ou no disco, só ten que arrastrar o cartafol con aqueles ficheiros sobre un separador da memoria de tradución (F7) para actualizar a MT, esperar un minuto ou dous, e despois escribir a súa cadea no campo da dereita do separador da memoria de tradución e premer sobre Intro.

Despois prema nun dos resultados, o que abrirá o ficheiro apropiado, na entrada apropiada. Se despois quere facer outra busca no mesmo día, deixe que se vaia actualizando e simplemente escriba o que está a buscar. Pode filtrar os resultados da busca da MT usando o campo esquerdo da F7 panel ( Filemask ).


Autor

Nick Shaforostoff <shaforostoff AT kde.ru>

Ligazóns externas