Ark
Appearance
Ark é un aplicativo que permite xestionar arquivos de ficheiros. |
Funcionalidades
Ark permite:
- Crear arquivos comprimidos.
- Visualizar os contidos de arquivos.
- Extraer os contidos de arquivos.
É capaz de traballar con moitos formatos, entres eles tar, gzip, bzip2, zip, rar e 7z.
Crear un arquivo
- Poden engadirse ficheiros cos que conformar un arquivo mediante o menú .
- Ademais, poden arrastrarse ficheiros dunha xanela de Konqueror ou Dolphin á xanela principal de Ark.
- Tamén pode engadir un directorio completo ao arquivo mediante o menú .
- Poden engadirse ficheiros a un arquivo existente en calquera momento.
Extraer ficheiros
Para isto é para que o utiliza case todo o mundo por vez primeira.
- Se ten un ficheiro seleccionado, preguntaráselle se quere extraer só dito ficheiro ou se quere extraelos todos.
- O arquivo permanece completo, non se altera, e o ficheiro seleccionado sitúase no directorio que vostede decida.
O funcionamento da extracción cambiou nas últimas versións, algo que notaran especialmente os antigos usuarios de KDE 3. Hai dúas formas de controlar a extracción.
- Cando se está a visualizar un arquivo dende Ark', empregue o botón de Ctrl-E. Aparecerá unha árbore de ficheiros na que poderá escoller o directorio de destino. que hai na barra de ferramentas ou o atallo predeterminado,
- Cando de está a visualizar o arquivo dende Dolphin, prémao co botón dereito para obter as seguintes tres opcións:
- Extraer aquí, detectar o cartafol
- Extraer a…
- Extraer aquí
- A segunda opción funciona igual que o atallo predeterminado Ctrl-E desde Ark.
- A terceira fai tal e como indica, se dentro do arquivo non se define ningún cartafol, os ficheiros extráense no directorio actual. En caso contrario, crearase o cartafol dentro do actual, e extraeranse nel os ficheiros.
- A terceira opción é similar á primeira, salvo que en caso de non existir cartafol dentro do arquivo, Ark creará un, e extraerá logo nel os ficheiros. Por exemplo, se o arquivo se chama patróns.zip e contén todos os deseños, a estrutura quedaría como «~/patróns/deseño1», etc.
Traballar con ficheiros
- A miúdo os arquivos conteñen un ficheiro de instrucións, con frecuencia chamado README (léeme). E adoita resultar útil ler ese ficheiro antes de comezar a traballar co arquivo. Premendo dúas veces nun ficheiro abrirase a súa previsualización.
- Pode ocorrer que un ficheiro dun arquivo resulte irrelevante. O ficheiro pode eliminarse desde o propio arquivo.
- Na versión para KDE 3, pódese calquera aplicativo axeitado.
- Na versión de KDE 3, tamén se pode un aplicativo.