Amarok/Manual/AmarokWindow/ContextPane/gl: Difference between revisions

From KDE UserBase Wiki
No edit summary
No edit summary
Line 57: Line 57:
}}
}}


<span class="mw-translate-fuzzy">
[[Category:Amarok/gl]]
[[Category:Amarok/gl]]
[[Category:Son e vídeo/gl]]
[[Category:Son e vídeo/gl]]
[[Category:Aprendizaxes/gl]]
[[Category:Aprendizaxes/gl]]
</span>

Revision as of 15:16, 23 April 2013

Panel do contexto

O panel do contexto é un panel ao que se lle poden engadir varios trebellos que fornecen información e medios relacionados coa música actual. A maioría destes trebellos requiren dunha conexión a Internet para funcionar completamente, e os hai que descargar letras, información, fotos, e mesmo tablaturas para baixo e guitarra.

Uso do panel

Panel do contexto coa pista actual, e os trebellos de letras e tablaturas.

Na imaxe anterior pode verse o panel do contexto, nun momento no que non se está a reproducir ningunha pista. Se o panel non está presente na súa xanela de Amarok, pode facelo visíbel mediante o menú Ver -> Contexto. O panel está dividido en dúas partes:

  • O propio panel do trebello, onde pode acceder a algúns dos trebellos, para editar as letras ou cambiar a configuración.
  • A parte inferior do panel, onde pode expandir e agochar trebellos e manipulalos. Para iso, prema o botón de «Configurar os trebellos» .
Configurar os trebellos

Unha vez prema na esquina inferior dereita do panel do contexto, este cambiará lixeiramente. Para cada lapela dun trebello aparecerá unha icona que poderá premer para quitar os trebellos, e aparecerá unha lista de trebellos dispoñíbeis. Para engadir un trebello novo, prema no trebello, e este aparecerá no panel, listo para empregalo. Para cambiar a orde na que se amosan os trebellos, arrastre as lapelas as unhas sobre as outras para reorganizalas.

Trebellos

Panel do contexto en acción, amosando a páxina na Galipedia do grupo que interpreta a canción que se está a reproducir.

Existen diversos trebellos que pode engadir ao panel do contexto. Están listados a continuación, xunto con unha descrición de cada un.

Trebello Descrición
Pista actual Información sobre a pista actual. Pode puntuala premendo nas estrelas, engadir un marcador de posición, ou cambiar os datos da pista.
Artistas similares Fornece unha lista de artistas similares ao que interpreta a pista actual, cunha descrición curta e opcións para atopalos na súa colección, ou en Last.fm, e engadilos á lista de reprodución actual.
Vindeiros acontecementos Amosa unha lista de acontecementos próximos nos que participará o artista ou grupo que interpreta a pista actual. Pode definir zonas concretas nas que buscar os acontecementos desde a lapela de «Lugares preferidos» da páxina de configuración do trebello.
Wikipedia Páxina da Wikipedia para a pista, o álbum ou o artista. Permite ademais premer noutras ligazóns da Wikipedia, e empregar o botón de «Volver» para regresar á páxina inicial.
Etiquetas Ver, engadir e editar etiquetas para a canción actual. Para engadir unha etiqueta abonda con escribila na caixa de texto e premer Intro. As etiquetas suxeridas son etiquetas creadas polos usuarios de Last.fm.
Tablaturas Descarga e amosa tablaturas para guitarra e baixo, de estar dispoñíbeis. Non poden modificarse.
Letras das cancións Amosa a letra da canción actual. Engada ou modifique os scripts para descargar as letras desde o Xestor de scripts.
Álbums Ver álbums do artista ou grupo que interpreta a pista actual, e que estean dispoñíbeis na súa colección.
Fotos Este trebello busca en Flickr.com imaxes relacionadas co artista ou grupo que interpreta a pista actual. Acceda á páxina de configuración do trebello para engadir palabras clave adicionais á busca, como por exemplo «concerto en Galicia».
Información Información sobre a fonte de medios actual. Permite explorar servizos de Internet tales como Librivox.org.