Apper

Jump to: navigation, search
This page is a translated version of the page Apper and the translation is 100% complete.

Other languages:
català • ‎dansk • ‎Deutsch • ‎English • ‎galego • ‎magyar • ‎italiano • ‎português do Brasil • ‎українська
Prema para agrandar.
Ferramenta gráfica de xestión de paquetes.

Funcionalidades

  • Xestiona a instalación e desinstalación de paquetes.
  • Xestiona a actualización de paquetes.
  • Busca de paquetes polo nome, a descrición ou o nome dos ficheiros que inclúe.
  • Filtros:
    • Instalado ou dispoñíbel.
    • Para usuarios ou desenvolvedores.
  • Vista por grupos de paquetes.

Instalación de paquetes

Se coñece o nome do paquete, pode escribilo na barra de busca. Buscarase por nome de maneira predeterminada.

Note-box-icon.png
 
Note
As buscas son lentas, dado que fai falla consultar a base de datos de paquetes, tanto a dos paquetes locais coma as dos distintos repositorios. A interface tardará en responder ao traballar con ela durante unha busca.


En caso de que o que necesite sexan suxestións de paquetes, escolla Atopar por descrición. Por exemplo, se escribe «flac» na barra de busca e escolle Atopar por descrición, listaranse todos os paquetes que teñan que ver co uso de ficheiros FLAC. Os paquetes xa instalados están marcados cun Icon-dialog-ok-apply.png á esquerda do nome do paquete.

A xanela principal de Apper coa descrición do paquete seleccionado.

Agora que se lle suxeriron unha serie de paquetes, prema un deles. Abrirase un panel coa súa descrición. Prema Máis… para obter outras tres opcións de visualización: a lista de ficheiros que contén o paquete, a lista de dependencias (que se xestionará automaticamente se decide instalar o paquete) e a lista de aplicativos dependentes do paquete seleccionado.

A xanela principal de Apper amosando as dependencias dun paquete.

Ao premer nun paquete, aparecerá un botón á dereita. Se o paquete non está instalado, aparecerá o botón Instalar, e ao premelo o paquete quedará marcado para a súa instalación. Se o paquete xa está instalado, aparecerá o botón de Eliminar, e ao premelo o paquete quedará marcado para a súa desinstalación.

Cando atope o aplicativo que buscaba, prema o botón de Instalar. Logo só ten que premer o botón de Aplicar para que se instale.

Actualización de paquetes

Desde a páxina principal de Apper, prema a icona de Actualizacións para iniciar a comprobación das actualizacións dispoñíbeis, é dicir, os paquetes instalados que necesitan actualizarse. Haberá que consultar os repositorios —igual que ao relizar unha busca— polo que notará unha pequena demora. Igual que ao instalar paquetes, as dependencias das actualizacións resolveranse automaticamente cando confirme a descarga.

Configuración

Para abrir a páxina de configuración de Apper, prema Icon-settings-menu.png na páxina principal e escolla Configuración.

A páxina de configuración xeral.

Na lapela de Configuración xeral pode definir a frecuencia das comprobacións de actualizacións, diaria de maneira predefinida. Se a seguridade é un factor vital, escolla combrocacións cada hora. No caso oposto, pode escoller unha frecuencia semanal ou mesmo mensual.

A seguinte opción permítelle definir se quere que as actualizacións se instalen de maneira automática. Sería unha boa idea instalar automaticamente as actualizacións de seguridade, e deixar para instalar manualmente o resto.

Note-box-icon.png
 
Note
Na lapela da Orixe do software pode configurar os repositorios que Apper debe usar.


A páxina da orixe do software.

This page was last modified on 10 June 2012, at 11:56. Content is available under Creative Commons License SA 4.0 unless otherwise noted.