Akregator/gl: Difference between revisions

From KDE UserBase Wiki
(Updating to match new version of source page)
(Importing a new version from external source)
Line 3: Line 3:
<!--T:1-->
<!--T:1-->
{|style="text-align:center"
{|style="text-align:center"
|[[Image:Akregator-kde4.png|thumb|265px|Lendo as últimas novas de KDE]]|| '''Akregator recolecta automaticamente novas de sitios web con RSS ou Atom'''
|[[Image:Akregator-kde4.png|thumb|265px|Lendo as últimas novas de KDE]]|| '''Akregator recolecta automaticamente novas de sitios web con fontes RSS ou Atom.'''
|}
|}



Revision as of 22:38, 14 November 2011

Lendo as últimas novas de KDE
Akregator recolecta automaticamente novas de sitios web con fontes RSS ou Atom.

Akregator axúdalle a manterse ao día respecto das novidades nos sitios web coma dot.kde.org ou blogues coma Identi.ca. A tecnoloxía utilizada é a RSS e moitos sitios a utilizan.

Akregator forma parte da suite Kontact.

Funcionalidades

  • Fácil de utilizar.
  • Pode aceptar ducias de fontes.
  • Pode notificarlle sobre as fontes que aínda non lese.
  • Utiliza lingüetas para permitirlle ler as historias completamente dende o propio aplicativo.
  • Conta cun arquivo de fontes.
  • Pode importar e exportar fontes.
  • Intégrase con Konqueror.

Uso xeral

Dado que Akregator pode comprobar calquera fonte RSS ou Atom que exista, o primeiro que necesita é buscar unha fonte para seguila a través de Akregator. Probablemente descubrirá que é máis doado do que pensara. Comprobe as súas páxinas preferidas para ver se conteñen ligazóns a fontes de novas RSS ou Atom. A meirande parte dos sitios con novas de algún tipo utilizan algunha.

Cando teña o URL para unha fonte de novas, conseguir que Akregator a siga é doado. Abonda con escoller «Engadir unha fonte de novas» dende o menú de fontes de novas, ou utilizar o seu atallo predeterminado, Inserir.

Despois escolla un intervalo de actualización, é dicir, con que frecuencia quere que Akregator comprobe se hai novas nas fontes ás que está subscrito. Pode configuralo de maneira global (para todas as fontes) e ademais ter valores individuais para algunhas (ou todas) as fontes de novas.

Akregator pode almacenar e arquivar os contidos das fontes de novas ás que se subscriba tanto tempo como vostede queira. Para isto tamén se pode configurar un valor global (Configuración -> Configurar Akregator -> Arquivo) e valores individuais para cada unha das fontes de novas, o cal pode facerse premendo co botón dereito do rato nunha fonte, logo en «Editar a fonte de novas» e a continuación indo á lingüeta de «Arquivo».

Pode que lle interese importar fontes de novas dende outro navegador o a partir dunha copia de seguridade. Para importar fontes de novas, abonda con premer en Ficheiro -> Importar fontes de novas e buscar o ficheiro coa información das fontes. Trátase dun ficheiro OPML (ligazón en inglés) ─baseado en XML─, un formato habitual para intercambiar fontes de novas entre varios lectores de fontes de novas compatibles. Para exportar as fontes de novas ás que se está subscrito, o procedemento é o mesmo que o anterior, salvo porque en vez de premer en Importar fontes de novas terá que premer en Exportar fontes de novas.

Para facer uso da integración co Konqueror, pode instalar o complemento “konqueror-plugin-akregator”, que permite engadir fontes de novas interesantes que atope mentres navegue pola web a Akregator, simplemente con premer nelas.