Akregator/gl: Difference between revisions

From KDE UserBase Wiki
(Importing a new version from external source)
(Updating to match new version of source page)
Line 6: Line 6:
|}
|}


<span class="mw-translate-fuzzy">
Akregator axúdalle a manterse ao día respecto das novidades nos sitios ''web'' coma dot.kde.org ou ''blogues'' coma [http://identi.ca Identi.ca]. A tecnoloxía utilizada é a [http://gl.wikipedia.org/wiki/RSS RSS] e moitos sitios a utilizan.
Akregator axúdalle a manterse ao día respecto das novidades nos sitios ''web'' coma dot.kde.org ou ''blogues'' coma [http://identi.ca Identi.ca]. A tecnoloxía utilizada é a [http://gl.wikipedia.org/wiki/RSS RSS] e moitos sitios a utilizan.
;Akregator forma parte da suite [[Special:myLanguage/Kontact|Kontact]].
;Akregator forma parte da suite [[Special:myLanguage/Kontact|Kontact]].
</span>


=Funcionalidades=
=Funcionalidades=


<span class="mw-translate-fuzzy">
*Fácil de utilizar.
*Fácil de utilizar.
*Pode aceptar ducias de fontes.
*Pode aceptar ducias de fontes.
Line 18: Line 21:
*Pode importar e exportar fontes.
*Pode importar e exportar fontes.
*Intégrase con '''[[Special:myLanguage/Konqueror|Konqueror]]'''.
*Intégrase con '''[[Special:myLanguage/Konqueror|Konqueror]]'''.
</span>


=Uso xeral=
=Uso xeral=

Revision as of 19:46, 6 November 2011

Lendo as últimas novas de KDE
Akregator recolecta automaticamente novas de sitios web con RSS ou Atom

Akregator axúdalle a manterse ao día respecto das novidades nos sitios web coma dot.kde.org ou blogues coma Identi.ca. A tecnoloxía utilizada é a RSS e moitos sitios a utilizan.

Akregator forma parte da suite Kontact.

Funcionalidades

  • Fácil de utilizar.
  • Pode aceptar ducias de fontes.
  • Pode notificarlle sobre as fontes que aínda non lese.
  • Utiliza lingüetas para permitirlle ler as historias completamente dende o propio aplicativo.
  • Conta cun arquivo de fontes.
  • Pode importar e exportar fontes.
  • Intégrase con Konqueror.

Uso xeral

Dado que Akregator pode comprobar calquera fonte RSS ou Atom que exista, o primeiro que necesita é buscar unha fonte para seguila a través de Akregator. Probablemente descubrirá que é máis doado do que pensara. Comprobe as súas páxinas preferidas para ver se conteñen ligazóns a fontes de novas RSS ou Atom. A meirande parte dos sitios con novas de algún tipo utilizan algunha.

Cando teña o URL para unha fonte de novas, conseguir que Akregator a siga é doado. Abonda con escoller «Engadir unha fonte de novas» dende o menú de fontes de novas, ou utilizar o seu atallo predeterminado, Inserir.

Despois escolla un intervalo de actualización, é dicir, con que frecuencia quere que Akregator comprobe se hai novas nas fontes ás que está subscrito. Pode configuralo de maneira global (para todas as fontes) e ademais ter valores individuais para algunhas (ou todas) as fontes de novas.

Akregator pode almacenar e arquivar os contidos das fontes de novas ás que se subscriba tanto tempo como vostede queira. Para isto tamén se pode configurar un valor global (Configuración -> Configurar Akregator -> Arquivo) e valores individuais para cada unha das fontes de novas, o cal pode facerse premendo co botón dereito do rato nunha fonte, logo en «Editar a fonte de novas» e a continuación indo á lingüeta de «Arquivo».

Pode que lle interese importar fontes de novas dende outro navegador o a partir dunha copia de seguridade. Para importar fontes de novas, abonda con premer en Ficheiro -> Importar fontes de novas e buscar o ficheiro coa información das fontes. Trátase dun ficheiro OPML (ligazón en inglés) ─baseado en XML─, un formato habitual para intercambiar fontes de novas entre varios lectores de fontes de novas compatibles. Para exportar as fontes de novas ás que se está subscrito, o procedemento é o mesmo que o anterior, salvo porque en vez de premer en Importar fontes de novas terá que premer en Exportar fontes de novas.

Para facer uso da integración co Konqueror, pode instalar o complemento “konqueror-plugin-akregator”, que permite engadir fontes de novas interesantes que atope mentres navegue pola web a Akregator, simplemente con premer nelas.